Rust in Peace
Rust in Peace | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Megadeth | ||||
Publicado | 24 de setembro de 1990 | |||
Gravación | 1989 - 1990 | |||
Estudio(s) | Rumbo Recorders, Canoga Park, California | |||
Duración | 40:44 | |||
Xénero(s) | Thrash metal | |||
Selo(s) | Capitol Records e Combat Records | |||
Produtor | Dave Mustaine | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Rust in Peace é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de thrash metal Megadeth, publicado o 24 de setembro de 1990 a través do selo Capitol Records.[1] Foi o primeiro álbum do grupo que contou co guitarrista Marty Friedman e o batería Nick Menza. As cancións "Hangar 18" e "Holy Wars... The Punishment Due" foron lanzadas como sinxelos. En 2004 lanzouse unha versión remesturada e remasterizada do álbum con catro cancións extra.
Desde o seu lanzamento, Rust in Peace foi nomeado a miúdo como un dos mellores discos de thrash metal de todos os tempos por publicacións como Decibel e Kerrang!, e aparece no libro de referencia 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[2] O álbum foi nomeado ao Grammy á mellor interpretación de metal na 33ª edición dos premios. No Foundations Forum de 1991, o álbum recibiu un premio Concrete Foundations por "Top Radio Album" e o sinxelo "Hangar 18" gañou o premio "Top Radio Cut".[3]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Dave Mustaine, agás onde se indique.
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Holy Wars... The Punishment Due" | 6:36 | |||||||
2. | "Hangar 18" | 5:14 | |||||||
3. | "Take No Prisoners" | 3:28 | |||||||
4. | "Five Magics" | 5:42 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Música | Duración | |||||
5. | "Poison Was the Cure" | 2:58 | |||||||
6. | "Lucretia" | Mustaine, David Ellefson | 3:58 | ||||||
7. | "Tornado of Souls" | Mustaine, Ellefson | 5:22 | ||||||
8. | "Dawn Patrol" | Ellefson | 1:50 | ||||||
9. | "Rust in Peace... Polaris" (5:44 on remaster) | 5:36 | |||||||
40:44 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rust in Peace - Megadeth". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-08-25.
- ↑ "Megadeth - Rust In Peace - Review - 1001 Albums You Must Hear Before You Die". 1001albumsyoumusthearbeforeyoudie.wikidot.com. Consultado o 2024-08-27.
- ↑ "Raw: Awards". Concreteplanet.com. Novembro de 1991