Ruth Hubbard
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Ruth Hoffmann 3 de marzo de 1924 Viena, Austria |
Morte | 1 de setembro de 2016 (92 anos) Cambridge, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Radcliffe College |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía |
Ocupación | bióloga, bioquímica |
Empregador | Universidade Harvard |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Biographies of important Austrian women scientists (en) , (p.406-408) >>>:Hubbard, Ruth, geb. Hoffmann, verh. Wald |
Ruth Hubbard (nada Hoffmann o 3 de marzo de 1924 en Viena, Austria e finada o 1 de setembro de 2016, foi unha bióloga estadounidense, profesora de Bioloxía na Universidade Harvard, onde foi a primeira muller titular da Universidade nesa disciplina.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hoffmann naceu en Viena en 1924 e escapou do nazismo cando era adolescente. Coa súa familia, trasladáronse á área de Boston (Estados Unidos) onde se converteu en bióloga. Graduouse en 1944 en ciencias bioquímicas no Instituto de Estudos Avanzados Radcliffe. Estivo casada con Franc Hubbard entre 1942 e 1951.
Como bolseira de investigación en Harvard nos anos posteriores á segunda guerra mundial, traballou para George Wald, investigando a bioquímica do retinal e do retinol. En 1950 obtivo un doutoramento en bioloxía en Radcliffe, e en 1952, unha bolsa Guggenheim no Laboratorio Carlsberg en Copenhague, Dinamarca.
Durante a súa prolífica carreira de investigación dende os anos 40 ós 60 do século XX, fixo achegas salientables na comprensión da bioquímica e a fotoquímica da visión nos vertebrados e invertebrados. O 1967, compartiu con Wald a Medalla Paul Karrer polo seu traballo neste eido.
Hubbard e Wald casaron en 1958 e tiveron un fillo, Elijah, músico e historiador de música, e unha filla, Deborah, avogada.
En 1967 Wald gañou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polos seus descubrimentos sobre o funcionamento do ollo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harvard Square Library (ed.). "Ruth Hubbard". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2009.
- ↑ Holloway, M (1995). "Profile: Ruth Hubbard – Turning the Inside Out". Scientific American 272 (6): 49–50. doi:10.1038/scientificamerican0695-49.