Saltar ao contido

Sérgio Buarque de Hollanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sérgio Buarque de Holanda»)
Modelo:BiografíaSérgio Buarque de Hollanda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1902 Editar o valor en Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte24 de abril de 1982 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculdade de Direito da Universidade Federal do Rio de Janeiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, historiador, crítico literario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de São Paulo
Universidade do Estado do Rio de Janeiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Traballadores Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoRégis Duprat (pt) Traducir, Maria Thereza Schörer Petrone (pt) Traducir e Maria Odila Leite da Dias Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Amélia Buarque de Hollanda (1936–1982) Editar o valor en Wikidata
FillosSergio Günther, Miúcha, Chico Buarque, Ana de Hollanda, Cristina Buarque Editar o valor en Wikidata
PaiCristóvão Buarque de Hollanda Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1209124 WikiTree: Buarque_Hollanda-2

Sérgio Buarque de Hollanda (ás veces escrito de Holanda) é un historiador, crítico literario e xornalista brasileiro nado o 11 de xullo de 1902 en São Paulo e finado o 24 de abril de 1982 na mesma cidade. A súa obra ocupa un lugar importante na historiografía brasileira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de estudar Dereito na Universidade Federal do Río de Xaneiro, que rematou en 1925, pasou a ser xornalista (no Jornal do Brasil ) e despois correspondente en Berlín nos anos 1929-1931. Alí coñeceu a Max Weber, cuxa socioloxía tivo unha grande influencia nel.

De regreso a Brasil, en 1936 converteuse en profesor asistente de Henri Hauser no departamento de historia moderna e contemporánea da Universidade do Distrito Federal de Río (agora Universidade Estadual do Rio de Janeiro). Na época publicou a súa obra máis importante, Raízes do Brasil.

Na década de 1940, ensinou en varias universidades americanas, foi director do Instituto Nacional do Livro, director da Biblioteca Nacional do Brasil e director do Museu Paulista da Universidade de São Paulo (USP) e impartiu clases da historia económica do Brasil na Escola de Sociologia e Política de São Paulo.

Entre 1953 e 1955 ensinou na Universidade La Sapienza de Roma. En 1958, ocupou unha cátedra de Historia da Civilización Brasileira na Universidade de São Paulo e en 1962 dirixiu alí o Instituto de Estudos Brasileiros. Entre 1963 e 1967 ensinou nos Estados Unidos e Chile e participou en misións culturais en asociación coa UNESCO en Perú e Costa Rica.

En 1969, en solidariedade cos seus compañeiros docentes da USP vítimas da AI-5 (véxase Ditadura militar no Brasil), renunciou ao seu cargo, poñendo fin á súa carreira académica. En 1946, participara na creación do Partido Socialista Brasileiro e en 1980 na do Partido dos Traballadores.[1]

Casou con María Amélia Buarque de Hollanda, que foi coautora dalgunha das súas obras e tiveron sete fillos, catro deles son músicos recoñecidos (Chico Buarque, Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque; tamén é avó da cantante Bebel Gilberto.[2]

  • Raízes do Brasil, Río de Xaneiro, 1936. UNESCO/Gallimard.
  • Cobra de Vidro, São Paulo, 1944.
  • Monções, Río de Xaneiro, 1945.
  • Expansão Paulista em Fins do Século XVI e Princípio do Século XVII, São Paulo, 1948.
  • Caminhos e Fronteiras, Río de Xaneiro, 1957.
  • Visão do Paraíso. Os edênicos motivos no descobrimento e colonización do Brasil , São Paulo, 1959.
  • Do Imperio a República, São Paulo, 1972. (História Geral da Civilização Brasileira, Tomo II, vol. 5).
  • Tentativas de Mitologia, São Paulo, 1979.
  • Sergio Buarque de Hollanda: História, São Paulo, 1985.
  • O Extremo Oeste, São Paulo, 1986.
  • O espírito e a letra, 2 vol., São Paulo, 1996.
  • Para uma nova história, São Paulo, 2004
  1. "Intelectuais Brasileiros & Marxismo: Sérgio Buarque de Holanda". www.marxists.org. Consultado o 2022-12-17. 
  2. "Sérgio Buarque de Hollanda". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2022-12-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]