Sérgio Tannus
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1967 (57 anos) Itaperuna, Brasil |
Actividade | |
Ocupación | compositor, instrumentista, cantante |
Sérgio Tannus, nado en Itaperuna (Brasil) o 9 de setembro de 1967, é un compositor, instrumentista e cantante brasileiro.
Traxectoria musical
[editar | editar a fonte]Músico autodidacta, en activo desde os 14 anos en varios xéneros musicais como rock progresivo, blues, heavy, bossa, samba, chorinhos e recentemente, música galega.
Desde 2006 vive en Santiago de Compostela e colaborou con múltiples artistas do mundo da lusofonía, como Uxía Senlle, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Chico César, Lenine, João Afonso, Dulce Pontes, Magín Blanco; en proxectos como Maria Fumaça e CoraSons e nos festivais Cantos na Maré, Festigal, Apóstolo e O mar nunha flor, entre outros.
En 2012 comezou a súa carreira en solitario.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Son Brasilego, Fol música, 2012.[1]
- Alegria, Editorial Galaxia, 2015.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Presentación do disco de Sergio Tannus: Son Brasilego". Praza.gal. 2013-02-08. Consultado o 2020-07-26.
- ↑ "Sérgio Tannus continúa coa música para os máis novos con Alegría!". Culturagalega.gal. 2015-07-17. Consultado o 2020-07-26.