Lenine
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Oswaldo Lenine Macedo Pimentel 2 de febreiro de 1959 (65 anos) Recife, Brasil |
Outros nomes | Lenine |
Educación | Universidade Católica de Pernambuco |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, guitarrista, produtor musical, cantante, compositor de cancións, artista discográfico |
Período de actividade | 1979 - |
Xénero artístico | Música popular brasileira |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Six Degrees Records (pt) |
Premios | |
Sitio web | lenine.com.br |
Oswaldo Lenine Macedo Pimentel, máis coñecido como Lenine[1] (Recife, 2 de febreiro de 1959), é un artista brasileiro polifacético: cantante, compositor, actor, escritor e produtor musical, entre outros. Gañador de cinco Grammy Latino, dous premios da APCA, e nove Prêmio da Música Brasileira. Escribiu, gravou e produciu mais de cincocentas cancións, algunhas delas gravadas por Maria Bethânia, Daniela Mercury, Elba Ramalho, Milton Nascimento e Gilberto Gil. Actualmente ocupa a trixésima oitava cadeira da Academia Pernambucana de Letras.
Lenine estudou enxeñaría química.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida persoal
[editar | editar a fonte]Lenine é fillo de José Geraldo e Dayse Pimentel. Recibiu ese nome debido a unha homenaxe que o seu pai, comunista, quería facer ao líder soviético Lenin, que foi responsábel do inicio da Revolución Rusa en 1917. A súa nai era católica e levaba os fillos a misa todos os domingos, mentres o pai ficaba en casa escoitando música, até que, aos oito anos de idade os fillos resolveron optar polas audicións de álbums aos domingos, non indo máis á igrexa. O pai de Lenine coñeceu o socialismo durante o seminario, que abandonou posteriormente, e transmitiu as ideas da teoría socialista aos fillos moi cedo. Durante unha entrevista[2], o cantante declarou que o pai o influencia até hoxe e que vive respondendo as preguntas que lle ensinou a facer: Que fas? Por que o fas? Para quen o fas?
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Foi para o Río de Xaneiro ao final dos anos 1970, pois naquela época había pouco espazo ou recursos para música no Recife. Viviu con algúns amigos, compositores. Compartiron por algún tempo un apartamento na Urca, despois unha casiña nunha vila en Botafogo, famosa por ser vivenda de Macalé e Sônia Braga. Despois foron para Santa Teresa.[3]
Elba Ramalho foi a primeira cantante de éxito nacional que gravou unha canción de Lenine. Despois viñeron Fernanda Abreu, O Rappa, Milton Nascimento, Maria Rita, Maria Bethânia, Capital Inicial e moitos outros.
Produciu "Segundo", de Maria Rita; "Duns tempos para acá", de Chico César; "Lonji", de Tcheka (cantante e compositor do Cabo Verde); e "Punto Enredo", de Pedro Luís e a Parede.
Na televisión, foi director musical de "Caramuru, a Invención do Brasil", primeiro como mini serie e despois como longametraxe. Participou tamén da dirección do musical de "Cambaio", baseado en cancións de Chico Buarque e Edu Lobo.
Lenine gañou dous premios Grammy Latino: un polo “Mellor Álbum Pop Contemporáneo” co seu álbum "Falange Caníbal"; e outro en 2009 na categoría mellor canción brasileira coa peza "Martelo Bigorna".
En 2013, o cantante celebrou os seus 30 anos de carreira, con homenaxes, documentais e 30 proxectos especiais, como o reencontro con Marcos Suzano no show Olho de Peixe (abril, no Río de Xaneiro), a xira europea The Bridge (maio, agosto e outubro), coa Martin Fondse Orchestra, un show especial celebrando o disco Baque Solto (setembro, en Recife), alén da xira Concertos Chão e dos shows Lenine Solo.
En 2015, o álbum Carbono foi nomeado ao Grammy Latino na categoría Mellor Álbum de Música Popular Brasileira, xuntamente coa canción Simples assim, nomeada na categoría Mellor Canción Brasileira.
En 2016, foi nomeado ao Premio da Música Brasileira nas categorías: "Mellor Álbum" (Carbono) e "Mellor Cantante", vencendo nesta última.[4]
En 2017 foi vencedor do Premio da Música Brasileira nas categorías: Mellor álbum de MPB (Lenine & Martin Fondse Orchestra - The Bridge Live At Bimhuis) e "Mellor Cantante de MPB".[5]
Discografía
[editar | editar a fonte]- 1983: Baque Solto
- 1993: Olho de Peixe
- 1997: O Dia em Que Faremos Contacto
- 1999: Na Pressão
- 2002: Falange Canibal
- 2004: In Cité (ao vivo)
- 2006: Acústico MTV (ao vivo)
- 2008: Labiata
- 2010: Lenine.doc - Trilhas
- 2011: Chão
- 2015: Carbono
- 2016: The Bridge (ao vivo)
- 2018: En Trânsito (ao vivo)
Actuacións en Galicia
[editar | editar a fonte]- Festigal, ano 2003.[6]
- Cantos na Maré, ano 2010.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lenine - Dicionário Cravo Albin da Música Popular Brasileira". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Roda Viva - Lenine - 23/01/2012". Arquivado dende o orixinal o 11-08-2019. Consultado o 11-08-2019.
- ↑ Segundo a súa "autobiografía".
- ↑ "Cópia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ http://www.premiodamusica.com.br/edicao-2017/vencedores-2017/
- ↑ "Sones lusófonos en el segundo Festigal". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-07-23. Consultado o 2019-08-10.