Súper Campionato de España de Rallys
Tipo | campionato ![]() |
---|---|
Deporte | rally ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 2019 – ![]() |
O Súper Campionato de España de Rallys (S-CER), tamén coñecido como Campionato de España Mixto de Rallys, é un campionato de rally de ámbito nacional que se disputa en España desde 2019 e de carácter mixto, é dicir, combinando probas sobre asfalto (puntuables para a CERA) e probas sobre terra (puntuables para o CERT).[1] Naceu por iniciativa da RFEDA para potenciar aos pilotos co fin de que dominen ambas as superficies, tradicionalmente en España máis especialistas sobre o asfalto, especialmente de cara ao salto a competicións internacionais como o WRC.[2][3][4][5]
O calendario da primeira edición constou de oito probas, catro sobre cada superficie, mentres que a normativa é independente: cada proba réxese polo regulamento do certame correspondente. Dispútanse os campionatos de pilotos, copilotos, marcas e o trofeo para vehículos de dúas rodas motrices para pilotos, copilotos e júnior. Obteñen puntos o quince primeiros clasificados de cada rally e para a clasificación final téñense en conta os tres mellores resultados obtidos en rallys sobre asfalto e os tres mellores sobre terra.[6]

O madrileño Pepe López, a bordo dun Citroën C3 R5 foi o gañador das dúas primeiras edicións.[7]
Historia
[editar | editar a fonte]O calendario da primeira edición incluíu oito probas, catro delas de terra (Terras Altas de Lorca, Terra da Auga, Astorga e Granada) e catro de asfalto (Canarias, Ourense, Asturias e Madrid). Pepe López foi o campión final a pesar de ter unha vitoria menos que Xevi Pons, que foi segundo (3 de López, 4 de Pons).[8]
A tempada 2020 viuse alterada pola expansión da pandemia por coronavirus, que obrigou á suspensión da maioría dos oito rallys do calendario inicial, tendo que incluírse outras probas para facer un total de seis rallys no calendario final.[9]
Probas
[editar | editar a fonte]Rally Terras Altas de Lorca (2019-2020)
Rally Illas Canarias (2019-2020)
Rally Terra da Auga (2019-2020)
Rally de Ourense (2019)
Rally Princesa de Asturias (2019)
Rally Comunidad de Madrid (2019)
Rally de Terra Cidade de Granada (2019)
Rally de Terra Cidade de Astorga / Rally ATK (2019)
Rally de Ferrol (2020)
Rally de Terra de Madrid (2020)
Rally de La Nucía-Mediterráneo (2020)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez, Nacho. "Beca R2 Junior como embrión de un supercampeonato de España de rallyes". revistascratch.com. Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ Muñoz, Kevin (16 de decembro de 2018). "Nace el Supercampeonato de España de Rallyes". autohebdosport.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2020. Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ Peñas, Sergio (14 de decembro de 2018). "Se revela un Súper Campeonato de España de Rallyes en 2019". latulasport.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2018. Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ Flórez, Iván (14 de decembro de 2018). "Los Campeonatos de España de Rallyes ya tienen calendario para 2019". pitlanef1.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2018. Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ Fernández, Iván (16 de decembro de 2018). "Veteranos con ganas de retos y jóvenes con proyección Internacional. El Supercampeonato de España de Rallyes se presenta". diariomotor.com (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ "REGLAMENTO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE RALLYES 2019" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ "Victoria para Iván Ares en Madrid; Pepe López Super Campeón" (en castelán). 23 de novembro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ "Clasificacións 2019" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ "OFICIAL: Así quedan los Campeonatos de España de Rallyes 2020" (en castelán). 15 de xuño de 2020. Consultado o 7 de novembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Súper Campionato de España de Rallys |