Rally Illas Canarias
Nome oficial | Rally El Corte Inglés Rally Islas Canarias - El Corte Inglés |
---|---|
Tipo | evento deportivo recorrente |
Deporte | rally |
Patrocinador | El Corte Inglés |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1977 – |
Outro | |
Páxina web oficial | rallyislascanarias.com… |
O Rally Illas Canarias é unha proba de rally que se celebra anualmente dende 1977 na illa de Gran Canaria, España, organizado polo equipo Canarias Sport Club.
Inicialmente chamábase Rally El Corte Inglés, nome que proviña do seu principal patrocinador, ata que no 2002 pasou a chamarse Rally Illas Canarias. O evento é puntuable para o Campionato de Europa de Rally, Campionato de España de Rallys e o Súper Campionato de España de Rallys. Tamén foi puntuable para o IRC entre 2011 e 2012.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezou a disputarse en 1977 e nos anos 80 xa formaba parte do calendario do Campionato de España e do Campionato de Europa. O primeiro gañador foi Medardo Pérez que gañou as dúas primeiras edicións cun BMW 2002 Alpina. Logo o vasco-francés Marc Etchebers fixo o propio en 1979 e 1980. O vigués Beny Fernández foi o primeiro gañador dos anos 80, década que dominaría Carlos Sainz, ao lograr cinco vitorias consecutivas entre 1985 e 1989, con tres vehículos diferentes.
Os pilotos italianos Fabrizio Tabaton e Piero Liatti gañaron en 1990 e 1991 respectivamente e o uruguaio Gustavo Trelles fíxoo en 1993; os tres con cadanseu Lancia Delta. Entre 1995 e 2003, Canarias tivo coeficiente máximo no Campionato de Europa. En 1997 Jesús Puras obtivo a primeira das súas catro vitorias, case consecutivas, só interrompidas pola do francés Gilles Panizzi en 1998 e Salvador Cañellas no 2002.
En 2004 e 2005, a proba quedou fóra do Campionato de Europa e pasou a formar parte da Copa de Europa Occidental, xunto con Asturias e Azores entre outras. Entre 2006 e 2009 foi puntuable só para o Campionato de España. En 2008 saíron vencedores os irmáns Sergio e Diego Vallejo, que repetiron na edición seguinte.
A partir de 2010 a proba foi puntuable para o IRC e despois para o ERC. Os pilotos estranxeiros volveron dominar o rally con dúas vitorias para Jan Kopecký e unha para Juho Hänninen.
En 2013 perdeu a puntuación para o campionato de Europa debido ao recorte orzamentario en gran parte pola falta de apoio institucional aínda que en 2016 volveu ao calendario continental.[1][2]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El por qué no está el Rally Islas Canarias en el ERC 2014". revistascratch.com (en castelán). 22 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2013. Consultado o atodomotor.com.
- ↑ "El Rally Islas Canarias vuelve al ERC". atodomotor.com (en castelán). 5 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "RALLYE I - 5 NOVIEMBRE 1977". Consultado o 29 de abril de 2019.[Ligazón morta]
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "16º Rallye El Corte Inglés 1992.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "17º Rallye El Corte Inglés 1993.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "18º Rallye El Corte Inglés 1994.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "22º Rallye El Corte Inglés 1998.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "23º Rallye El Corte Inglés 1999.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "Enrique García Ojeda y Raquel Fernández, vencedores". atodomotor.com (en castelán). 17 de abril de 2004. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Joan Vinyes y Xavi Lorza dominaron esta nueva edición". atodomotor.com (en castelán). 16 de abril de 2005. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ Juan Carlos de Felipe, Canarias Sport Club; Javier Viera (2012). "36 Rally Islas Canarias" (PDF): 92. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de enero de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rally Illas Canarias |