Saltar ao contido

SCSI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conexión tipo SCSI

SCSI é un acrónimo inglés, Small Computer System Interface é unha interface estándar para a transferencia de datos entre periféricos no Bus do ordenador.

Para montar un dispositivo SCSI nun ordenador é necesario que tanto o dispositivo como a placa base dispoñan dun controlador SCSI. É habitual que o dispositivo veña cun controlador SCSI pero non sempre é así, sobre todo nos primeiros dispositivos. SCSI utilizase moi habitualmente nos discos duros e nos dispositivos de almacenamento sobre cintas, pero tamén interconecta unha ampla gama de dispositivos, incluíndo escáneres, unidades CD-ROM/DVD-ROM e gravadoras de CD/DVD. De feito, o estándar SCSI enteiro promove a independencia de dispositivos, o que significa que teoricamente calquera cousa pode ser feita SCSI (incluso existen impresoras que utilizan SCSI).

No pasado, SCSI era moi popular entre todas as clases de ordenadores. SCSI segue sendo popular nos lugares de traballo de alto rendemento, servidores, e periféricos de gama alta. Os ordenadores de sobremesa e os portátiles utilizan habitualmente uns interfaces máis lentos de ATA/IDE e SATA para os discos duros e o USB así como Firewire xa que estes son máis baratos.

Tamén se está preparando un sistema en serie SCSI, que ademais é compatible con SATA. Polo tanto poderánse conectar discos SATA nunha controladora SAS (Serial Attached SCSI).