Saltar ao contido

STS-2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-2
Lanzamento da misión STS-2
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de novembro de 1981, 15:10 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión2,26 días[6]
Obxectivo da misiónVoo de probas.[3][6]
Regreso14 de novembro de 1981[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1981-111A

STS-2 foi a segunda misión de probas do transbordador espacial Columbia e a primeira na que un vehículo espacial foi reutilizado. Foi lanzada o 12 de novembro de 1981 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-2, con Joseph H. Engle (Comandante) e Richard H. Truly (piloto) a bordo foi o segundo voo de probas do programa STS feito co transbordador Columbia, que fixo o voo inaugural na misión STS-1. Isto supuxo a primeira reutilización dun vehículo espacial tripulado. Despois de varios atrasos e aprazamentos, durante a engalaxe un dos aneis O do acelerador de estado sólido dereito sufriu o mesmo tipo de erosión que en 1986 levaría á perda do Challenger. O transbordador levaba na bodega de carga o módulo Spacelab e varios experimentos, entre eles o OSTA-1 e o SIR-1 de observación terrestre. Tamén levou o brazo robótico canadense, que foi probado completamente por primeira vez.[3][5][6][7]

O Columbia regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 14 de novembro de 1981, uns tres días antes do previsto debido ao fallo dunha das células de combustible que proporcionaban enerxía á nave.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 2 (OFT-2)" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 13 April 1982 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-11361). 23 de abril de 1982: 2. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 2/OSTA 1" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-2 / OFT-2" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-2" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. NASA (14 de marzo de 2008). "STS-2" (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]