STS-80
STS-80 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-80. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 19 de novembro de 1996, 19:55 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 17,66 días[6] |
Obxectivo da misión | Despregue e recuperación do observatorio ORFEUS e da platafora WSF-3.[3][6] |
Regreso | 7 de decembro de 1996[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1996-065A |
STS-80 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 19 de novembro de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-80, con cinco astronautas (Kenneth D. Cockrell, Kent Rominger, Tamara E. Jernigan, Thomas D. Jones e Story Musgrave) a bordo, foi lanzada para despregar o observatorio astronómico ORFEUS-SPAS-II e o escudo WSF-3 para crear un ultrabaleiro no espazo. A tripulación fixo tamén outros experimentos a bordo do Columbia e canceláronse dous paseos espaciais por problemas coa esclusa de saída.[3][5][6][7]
ORFEUS foi liberado no primeiro día do transbordador en órbita e pasou cerca de dúas semanas en voo independente antes de ser recuperado. Levaba tres instrumentos a bordo para estudar o ceo no ultravioleta. WSF-3 foi despregado no cuarto día de voo. Cos seus 4 m de diámetro, funcionou case sen problemas, creando un ultrabaleiro no que se crearon sete películas semicondutoras. Foi recuperado aos tres días de voo.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de decembro de 1996.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 80" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-25680T). 31 de xullo de 1997: 2. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 80" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-80" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-80" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-80" (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-80 |