Saavedra, Begonte
Saavedra | |
---|---|
Santuario da Virxe dos Milagres. | |
Concello | Begonte[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°08′57″N 7°38′33″O / 43.1492762, -7.64255994 |
Poboación | 384 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 27[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Saavedra é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o IGE en 2014 tiña 411 habitantes (208 homes e 203 mulleres), 49 menos ca en 2004 (230 mulleres e 230 homes) e 62 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Saavedra ten orixe no termo de orixe xermánica *Sala (referido a un pazo ou casarío) xunto co adxectivo *Vetera, "vella".[2] O xentilicio, de orixe castelanizante, é saavedreño.[3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- A igrexa parroquial de Santa María consérvase unha lápida funeraria do século XVI cos escudos nobiliarios dos Montenegro, Parga e Gaioso e mención a Roi González de Ribadeneira Sabedra e a súa esposa dona Violante de Losada.[4] Hai unha imaxe da Virxe dos Milagres, polo cal tamén se coñece como Santuario da Virxe dos Milagres e celébrase romaría o 24 de maio.[5]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Saavedra
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Saavedra no concello de Begonte (Lugo) | |
---|---|
Barés | Campo de Arriba | Candieiras | Os Conchados | Covela | Donsión | A Estrada | Fonte Almesendre | Fonte Filloa | A Gandariña | Goldar | Illoi | A Lagoa | As Lenzas | Maciñeirá | O Mato | O Mesón | O Monte | A Rocha | Saa | Salgueiras | Santadizco | Santo Tomás | Senras | O Touredo | A Vila Grande | A Vila Pequena |
Parroquias de Begonte
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 79-80. ISBN 978-84-947823-2-9.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 27. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Patrimonio relixioso". Concello de Begonte.
- ↑ "Virxe dos Milagres de Saavedra". Galicia Encantada.