Sabela González
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sabela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (42/43 anos) Burela, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Sabela González Panizo, nada en Burela en 1981, é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Reside en Vigo, onde estudou Tradución e Interpretación. Ten feito un máster en edición en Madrid. Foi a secretaria de GÁLIX durante 2017-2018. Dende o 2008 traballa na Universidade de Vigo como técnico de proxectos internacionais de investigación.
Obra
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- As crónicas de Landereina. Bágoa de Lúa[1], 2013, Galaxia.
- As crónicas de Landereina. Feitizo de sangue, 2015, Galaxia.
- As crónicas de Landareina. Sangue de Lúa[2], 2016, Galaxia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil (de 3º e 4º da ESO) no 2015, por Bágoa de Lúa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As crónicas de Landereina: Bágoa de Lúa, recensión de Ledicia Costas en Praza Pública o 10 de xullo de 2013.
- ↑ Recensión da obra en PalabradeGatsby.com.