Sabina Guzzanti
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1963 (61 anos) Roma, Italia |
Relixión | Budismo |
Educación | Academia Nacional de Artes Dramáticas Silvio D'Amico (pt) |
Actividade | |
Ocupación | humorista, cantante, produtora, directora de cinema, guionista, actriz |
Período de actividade | 1988 - |
Xénero artístico | Sátira política (pt) |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
2010 | 2010 Cannes Film Festival (en) |
Familia | |
Pai | Paolo Guzzanti |
Irmáns | Corrado Guzzanti Caterina Guzzanti |
Sitio web | sabinaguzzanti.it |
|
Sabina Guzzanti, nada en Roma o 25 de xullo de 1963, é unha actriz, cómica e blogger italiana, filla do xornalista Paolo Guzzanti (senador italiano polo partido Forza Italia) e irmá dos tamén actores Corrado Guzzanti e Caterina Guzzanti. Titulóuse na Accademia Nazionale d'Arte Drammatica "Silvio D'Amico" e comezou a traballar co seu irmán Corrado. É unha artista moi activa politicamente. Fíxose moi popular en Italia polas imitacións satíricas dos políticos Massimo D'Alema e Silvio Berlusconi.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No cinema, Guzzanti interpretou con Giuseppe Bertolucci I Camelli e Troppo sole (onde interpretaba 13 personaxes diferentes), filme que tivo un escaso éxito de público. Despois gravou Cuba Libre e en 1998 fixo de actriz e directora da curtametraxe Donna selvaggia.
En 2002 dirixiu a súa primeira longametraxe, Bimba. Despois regresaría ao teatro co espectáculo Recital, no que interpreta personaxes imaxinarios e reais, como Valeria Marini. Autora do célebre filme Viva Zapatero!, o seu último traballo chámase Le ragioni dell'aragosta, publicado en setembro de 2007.
Actividade teatral e televisiva
[editar | editar a fonte]En novembro de 2003, gobernando Silvio Berlusconi, volve traballar en televisión coa emisión de Raiot, na canle pública Rai Tre, onde fai duras críticas aos diferentes poderes italianos. A actriz foi denunciada pola empresa de comunicación Mediaset por "gravísimas mentiras e insinuacións" e os directivos da Rai suspenderon inmediatamente a emisión despois dunha única emisión, suscitando moitas polémicas.
A pesar deste incidente, tanto o primeiro capítulo de Raiot emitido na Rai como as sucesivas emisións doutras gravacións non emitidas en TV pero si distribuídas libremente por Internet, tiveron un grande éxito. A querela foi arquivada pola maxistratura que xulgou infundadas as acusacións de Mediaset dado que os feitos denunciados (cousa que a cómica non deixa de repetir) era certos.
En 2005 presenta en Venecia o documental Viva Zapatero! que denuncia a pouca liberdade de información en Italia coa contribución de cómicos de sátira doutros países europeos.
Traballos
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]- Le ragioni dell'aragosta, dirixido e escrito por Sabina Guzzanti, 2007
- Viva Zapatero!, dirixido e escrito por Sabina Guzzanti, 2005
- Bimba, dirixido e escrito por Sabina Guzzanti, 2001
- Troppo sole, dirixido por Giuseppe Bertolucci, 1994
- La cattedra, dirixido por Michele Sordillo, 1991
- I ragazzi di via Panisperna, dirixido por Gianni Amelio, 1989
- Night club, dirixido por Sergio Corbucci, 1989
- I cammelli, dirixido por Giuseppe Bertolucci, 1988
- Cuba Libre - Velocipedi ai tropici, dirixido por David Riondino (1997)
- Donna selvaggia (curtametraxe)
Libros
[editar | editar a fonte]- Reperto RaiOt., publicado por BUR Biblioteca Universale Rizzoli, 2005
- Viva Zapatero!, publicado por BUR Biblioteca Universale Rizzoli, 2005
- Il diario di Sabna Guzz, publicado por Einaudi, 2003
- Mi consenta una riflessione (anche se non è il mio ramo), publicado por Baldini Castoldi Dalai, 2002