Saint-Cyr-au-Mont-d'Or
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
Departamento | Ródano | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.113 (2022) (838,55 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921573 Q3551055 | ||||
Superficie | 7,29 km² | ||||
Altitude | 200 m-605 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Saint-Cyr-au-Mont-d'Or (en) | Patrick Guillot (en) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 69450 | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | stcyraumontdor.fr |
Saint-Cyr-au-Mont-d'Or é unha vila e comuna francesa da rexión de Auvernia-Ródano-Alpes, tradicionalmente no departamento de Ródano, que forma parte da metrópole de Lión (Métropole de Lyon).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]A comuna de Saint-Cyr-au-Mont-d'Or está situada ao sur do macizo do monte d'Or, e ao norte do 9º arrondissement da cidade de Lión, da que é limìtrofe.
A vila forma parte da metrópole do Gran Lión. Tamén é membro do sindicato mixto dos Montes d'Or.[1]
O municipio esténdese a xeito de charneira entre un territorio urbanizado e unha área natural que se estende até o cumio do monte Thou. Este carácter natural vese reforzado pola presenza de grandes propiedades situadas no medio de fermosos parques arborados.
Datos xeográficos
[editar | editar a fonte]Situado a unha altitude entre os 605 e os 2 001 msnm, o concello ocupa unha superficie de 7,29 km².
Segundo o censo de 1 de xaneiro de 2017 contaba cunha poboación de 5 576 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 764,88 hab./km².[2]
Orientada cara ao sur, resgardada do vento polo mont eCindre, Saint-Cyr-au-Mont-d'Or benefíciase dun microclima paricular.
Demografía
[editar | editar a fonte]A evolución do número de habitantes coñécse a través dos censos de poboación realizados na comuna desde 1793. A partir de 2006, o Institut National de la Statistique et des Études Économiques (INSEE) publica as poboacións legais das comunas. O censo baséase hoxe na recollida da información anual, sucesivamente sobre todos os territorios municipais durante un período de cinco anos. Para os concellos de menos de 10 000 habitantes, realízase unha enquisa censal que abarca a toda a poboación cada cinco anos, estimándose as poboacións legais para anos intermedios por interpolación ou extrapolación.[3]
Para a comuna, o primeiro censo exhaustivo baixo o novo sistema levouse a cabo en 2007.[4] En 2017, a vila tiña 5 576 habitantes,[5] cun aumento do 1,75 % con respecto a 2012 (Ródano: + 5,26 %, Francia, excluíndo a Mayotte: + 2,36 %).
Ano | 1793 | 1800 | 1836 | 1851 | 1861 | 1876 | 1886 | 1901 | 1911 | 1921 | 1936 | 1946 | 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 | 2007 | 2013 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 1 700 | 1 559 | 1 637 | 1 735 | 1 764 | 1 716 | 2 010 | 1 930 | 1 876 | 1 979 | 2 257 | 2 451 | 2 987 | 3 962 | 4 075 | 4 763 | 4 800 | 5 318 | 5 392 | 5 385 | 5 485 |
Historia
[editar | editar a fonte]Preto a Lión, o lugar de Saint-Cyr estivo habitado dende os primeiros tempos. Durante o período galo-romano, os seus abundantes mananciais empregáronse para abastecer de auga ás termas de Lugdunum. Na vila aínda quedan restos do antigo acueduto dos montes d'Or.
Durante o Renacemento, a cidade de Lión experimentou unha considerábel expansión económica. Os ricos lioneses fixéronse cargo do monte d’Or para construír as súas casas de campo. Porén, os restos destas residencias son raros na vila xa que a miúdo foron substituídos, no século XIX, polos ricos químicos e sedeiros de Lión.
Durante a Revolución Francesa, a vila levou temporalmente o nome de Mont-Cindre.[2] O gran Lyon desapareceu o 1 de xaneiro de 2015 dando paso á comunidade territorial da metrópole de Lión. A vila abandona así o departamento de Ródano.[6]
Urbanismo
[editar | editar a fonte]Durante a primeira parte do século XX a comuna albergou grandes propiedades utilizadas como residencias de vacacións para a burguesía de Lión. A partir dos anos 1960, Saint-Cyr converteuse nunha cidade residencial. O resultado foi unha fragmentación das parcelas e unha urbanización escalon ada, que e adapta a un relevo especialmente esgrevio. O ritmo de construción mantívose entre 1970 e 1990 coa creación de 30 vivendas de media ao ano. Na década de 1990, a media de creacións foi de 17 casas por ano. Hai unha alta densidade de vivendas grandes, o 80 % das cales están ocupadas polos seus propietarios, e só o 22 % son de alugueiro.
A vila ten un déficit de 315 unidades de vivenda social, segundo a lei SRU.[7]
O recente plan de urbanismo realizado baixo a coordinación da comunidade urbana de Lión conservou amplos espazos naturais ao redor do monte Thou e da cara norte do monte Cindre.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Panorámica do centro da vila
-
A torre do castelo de Saint-Cyr visto desde a praza De Gaulle
-
Igrexa de Saint-Cyr
-
Lintel dunha das súas portas
-
Porta do patio do castelo
-
Escudo de armas da vila
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Syndicat mixte des Monts d'Or". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 29 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Saint-Cyr-au-Mont-d'Or en cassini.ehess.fr
- ↑ Présentation du recensement de la population INSEE.
- ↑ Documentation complémentaire sur le recensement. INSEE.
- ↑ Population municipale légale en vigueur au 1er janvier 2020, millésimée 2017, définie dans les limites territoriales en vigueur au 1er janvier 2019, date de référence statistique: 1er janvier 2017.
- ↑ Métropole: clap de fin pour le Grand Lyon, Lyon Capitale.
- ↑ Plan local d'urbanisme de Lyon métropole MODIFICAtION N°11 2015 HTTPː//plu.grandlyon.com/data/communes/SAINT_CYR/pdf/SAINT_CYR-CAH_COMM.pdf.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saint-Cyr-au-Mont-d'Or |