Sal do Himalaia
Aparencia

O sal do Himalaia é un tipo de sal mineral procedente da halita, e que se adoita extraer das montañas de Paquistán.[1] Este tipo de sal empezou a comercializarse en diveresas partes de Europa, os Estados Unidos e Australia.

Usos
[editar | editar a fonte]Pódese empregar disolta en auga coma unha elaboración caseira de auga mineral, pódese empregar na cociña como "sal de mesa" usando muíños especiais. O ministerio de Saúde de Alemaña puido detectar neste tipo de sal ata 10 tipos de oligoelementos diferentes, cun contido dun 98% de cloruro sódico (o que o converte nun sal non refinado). O maior contido tras o NaCl é o do Magnesio (un 0,7%).[2]