Sally Potter
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1949 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema , actriz , director teatral , compositora de bandas sonoras , guionista , produtora , realizadora ![]() |
Período de actividade | 1979 ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Christopher Sheppard |
Premios
| |
Páxina web | sallypotter.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Charlotte Sally Potter, nada en Londres o 19 de setembro de 1949, é unha directora de cine, guionista e actriz británica.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Potter empezou a realizar filmes á idade de 14 anos, cando un dos seus tíos lle regalou unha videocámara.[1] Abandonou os seus estudos para dedicarse á dirección. En 1970 uniuse á organización London Filme-Makers' Co-op onde empezou a realizar filmes experimentais. En 1979 dirixiu unha curtametraxe chamada Thriller, que se converteu nun éxito no seu país. En 1983 dirixiu a súa primeira longametraxe, The Gold Diggers (1983), protagonizada por Julie Christie.
Como directora da internacionalmente distribuída Orlando (1992), Potter obtivo grande apreciación da crítica pola súa dirección e o seu guión. Protagonizada por Tilda Swinton, o filme baseouse na novela do mesmo nome de Virginia Woolf e foi adaptada á pantalla grande pola mesma Potter.[2][3] Tras a súa exitosa dirección en Orlando, Potter dirixiu os filmes The Tango Lesson (1997), The Man Who Cried (2000), Yes (2004), Rage (2009), Ginger & Rosa (2012) e The Party (2017).[4] Foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico en 2012.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Longametraxes[editar | editar a fonte]
- The Gold Diggers (1983)
- Orlando (1992)
- The Tango Lesson (1997)
- The Man Who Cried (2000)
- Yes (2004)
- Rage (2009)
- Ginger & Rosa (2012)
- The Party (2017)
Curtas e experimentais[editar | editar a fonte]
- Jerk (1969)
- Hors d'oeuvres (1970)
- Black & White (1970)
- Play (1970)
- Thriller at Women Make Movies (1979)
- London Story at Women Make Movies (1980)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sally Potter ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sally Potter na IMDb (en inglés).