Salsa tártara
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2014.) |
O mollo tártaro[1] é un prebe feito a base de maionesa, con mostaza e cogombros pequenos en vinagre moi finamente picados xunto a alcaparras, olivas, cebolas e ravo. Ás veces engádeselle pirixel.
Esta salsa emprégase frecuentemente como acompañamento doutros pratos, adubo de pratos que conteñen peixe ou ás de polo. O vinagre bótaselle como reforzador do sabor. A mestura normalmente déixase repousar nun sitio fresco durante un par de horas. O nome desta salsa provén das tribos tártaras de Mongolia, aínda que o apelativo "tártaro" vén a significar en francés "cru". Nalgúns países como no Perú bótaselle ovo e cebola chinesa (Allium fistulosum) cortada en cadradiños.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega