Saltar ao contido

Salvador (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salvador
Ficha técnica
Título orixinalSalvador
DirectorOliver Stone
ProdutorOliver Stone
Gerald Green
GuiónOliver Stone
Richard Boyle
IntérpretesJames Woods
Jim Belushi
Michael Murphy
John Savage
Elpidia Carrillo
Cindy Gibb
MúsicaGeorges Delerue
FotografíaRobert Richardson
MontaxeClaire Simpson
DistribuidoraHemdale Film Corporation
Estrea5 de marzo de 1986
Duración123 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama e bélico
Orzamento4,5 millóns de dólares
Recadación1,5 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0091886 Filmaffinity: 612822 Allocine: 37177 Rottentomatoes: m/salvador Mojo: salvador Allmovie: v42687 TCM: 88959 TV.com: movies/salvador Netlix: 60010850 Editar o valor en Wikidata

Salvador é un filme estadounidense de 1986 co-escrito e dirixido por Oliver Stone. Está protagonizado por James Woods no papel do xornalista Richard Boyle, xunto con Jim Belushi, Michael Murphy, Elpidia Carrillo, John Savage e Cynthia Gibb nos papeis secundarios. Stone escribiu o guión xunto con Boyle.

O filme conta a historia dun xornalista estadounidense cubrindo a guerra civil do Salvador que se ve envolto entre o FMLN e a ditadura militar de extrema dereita ao tempo que tenta rescatar a súa moza e os fillos dela. O filme simpatiza cos revolucionarios de esquerda e critica fortemente a ditadura militar apoiada polos Estados Unidos, centrándose no asasinato de catro monxas católicas estadounidenses, entre elas Jean Donovan, e o asasinato do arcebispo Óscar Romero polos escuadróns da morte. O filme estivo nomeado a dous Premios Óscar: mellor actor (Woods) e mellor guión orixinal (Stone e Boyle).[1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "The 59th Academy Awards 1987". Oscars.org. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]