O prezo do poder
O prezo do poder | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Scarface |
Director | Brian De Palma |
Produtor | Martin Bergman |
Guión | Oliver Stone |
Intérpretes | Al Pacino Steven Bauer Michelle Pfeiffer Mary Elizabeth Mastrantonio Robert Loggia F. Murray Abraham |
Música | Giorgio Moroder |
Fotografía | John A. Alonzo |
Montaxe | Jerry Greenberg David Ray |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 1 de decembro de 1983 (Nova York) 9 de decembro de 1983 (Estados Unidos) |
Duración | 170 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 25.000.000 de dólares[1] |
Recadación | 65.900.000 dólares[2] |
Na rede | |
https://www.uphe.com/movies/scarface-1983 | |
O prezo do poder (en inglés: Scarface) é un filme policial estadounidense de 1983 dirixido por Brian De Palma con guión de Oliver Stone[3], un remake do filme do filme Scarface de 1932[4]. A película conta a historia do refuxiado cubano Tony Montana (Al Pacino), que chega en 1980 a Miami sen nada, e sobe ata converterse nun poderoso patrón da droga. No elenco tamén participaron Mary Elizabeth Mastrantonio, Steven Bauer e Michelle Pfeiffer. A estrea foi o 1 de decembro de 1983 en Nova York e o 9 de decembro de 1983 lanzouse comercialmente nos Estados Unidos.
Argumento
[editar | editar a fonte]En 1980 o refuxiado cubano e ex-convicto Antonio "Tony" Montana chega a Miami, como parte do éxodo do Mariela. Vai parar a un campo de refuxiados cos seus mellores amigos, Manny Ribera, Ángel e Chi-Chi. Conseguen saír e a promesa de lograr o permiso de residencia por asasinar un ex-alto cargo do goberno cubano a petición dun dos maiores traficantes de drogas, Frank López. Traballan como lavapratos nun posto de comidas, a contragusto de Tony que afirma que el está para cousas máis grandes.
Omar Suárez, a man dereita de Frank, encárgalles un traballo, mercar cocaína dos traficantes colombianos, pero o negocio vai mal. Os colombianos desmembran a Angel cunha motoserra, mentres Manny e Chi-Chi rescatan a Tony e matan os traficantes. Sospeitando que Omar está involucrado, Tony e Manny insisten en entregar persoalmente as drogas e os cartos a Frank. Durante areunión, Tony séntese atraído pola muller de Frank, Elvira Hancock.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Al Pacino - Tony Montana
- Steven Bauer - Manny Rivera
- Michelle Pfeiffer - Elvira Hancock
- Mary Elizabeth Mastrantonio - Gina Montana
- Robert Loggia - Frank Lopez
- F. Murray Abraham - Omar Suárez
- Harris Yulin - Mel Bernstein
- Paul Shenar - Alejandro Sosa
- Ángel Salazar - Chi Chi
- Pepe Serna - Angel Fernandez
- Miriam Colón - Georgina Montana
- Al Israel - Héctor o Sapo
- Michael Alldredge - George Sheffield
- Mark Margolis - Alberto a Sombra
- Geno Silva - The Skull
Produción
[editar | editar a fonte]Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Scarface comezou a desenvolverse despois de Al Pacino ver o filme Scarface (1932) nos Ánxeles. Chamou ao seu produtor Martin Bregman, e informoulle que cría que un remake da película podería ter éxito[5]. Pacino orixinalmente quería manter o período histórico da trama, pero entendía que por mor da súa natureza melodramática sería difícil de realizar. Sidney Lumet foi ao primeiro que contactaron coa idea de dirixir o filme, desenvolvendo a idea de Montana, un cubano acabado de chegar aos Estados Unidos no éxodo do Mariela[5].
As diferenzas creativas entre Bregman e mais Lumet fixeron que este último deixase o proxecto. Lumet quería facer un historia máis política, centrada en culpar de favorecer o fluxo de cocaína á administración presidencial da época, e Bregman discordaba[6]. Bregman substituíuno por Brian De Palma e contratou o escritor Oliver Stone para escribir o guión, este concebiuno mentres loitaba contra a súa propia adicción á cocaína[7]. Stone e Bregman realizaron a súa propia investigación, viaxando a Miami, onde tiveron acceso aos rexistros da oficina do fiscal e unidade contra o crime da policía[6]. Stone trasladouse a París para escribir o guión, na crenza que non podería desngancharse mentres estivese no país, logrando deixar a droga [7].
O elenco
[editar | editar a fonte]Pacino insistiu en facer o papel principal, o de Tony Montana, aínda que tamén llo ofreceran a Robert De Niro pero non aceptou [5]. Pacino traballou con expertos en loita con coitelo, adestradores físicos e co boxeador Roberto Durán para lograr o tipo de corpo que quería para o papel. Durán tamén axudou na inspiración do personaxe, que tiña "un certo león dentro", segundo Pacino. O personaxe de Sophie que realizou Meryl Streep en Sophie's Choice (1982) tamén influenciou o personaxe. Bauer e un experto en dialectoloxía axudárono na aprendizaxe do español cubano e da súa pronuncia[8].
Pfeiffer era unha actriz descoñecida daquela e tanto Pacino como De Palma argumentaron contra da súa elección pero Bregman defendeuna[5]. Glenn Close era a opción orixinal para o papel, aínda que tamén se consideraron outras alternativas como Geena Davis, Carrie Fisher, Kelly McGillis, Sharon Stone e Sigourney Weaver[9].
Bauer logrou o seu papel sen audición. Durante o proceso de selección o director de repartición Alixe Gordin viu a Bauer e inmediatamente se deu de conta que era o indicado para o papel de Manny, un xuízo co que concordaron De Palma e Bregman. Foi o único cubano real entre os actores principais. Mais así a todo tamén se considerou a John Travolta para o papel[5].
Rodaxe
[editar | editar a fonte]Mentres ensaiaba para un tiroteo Al Pacino mancouse e estivo fóra da rodaxe durante dúas semanas. A escena do tiroteo inclúe un plano rodado por Steven Spielberg, de visita durante a rodaxe. Mentres se realizaba o filme algúns cubano-estadounidenses obxectaron que a súa comunidade aparecía retratada como criminais e interpretados por actores non cubano-americanos. Para contrarrestar esta situación, a película presenta unha declaración nos créditos afirmando que os personaxes da película non representaban á comunidade cubano-estadounidense.
Non obstante o filme estar ambientado en Miami, a rodaxe realizouse na súa maior parte nos Ánxeles, ao negar a Miami Tourist Board os permisos para rodar na cidade por pensar que podería afectar o turismo por canto se retrataba a cidade como un paraíso das drogas e das bandas. A gran mansión de Tony gravouse en El Fureidis, de estilo romano situada en Montecito (California).
A rodaxe durou 24 semanas, do 22 de novembro de 1982 ao 6 de maio de 1983.[10][11] Ken Pepiot e Stan Parks realizaron os efectos especiais.[12]
Cualificación
[editar | editar a fonte]Scarface recibiu[13] a cualificación X en Norteamérica tres veces por extrema violencia, linguaxe ofensiva (emprégase ao longo do filme fuck (carallo) 207 veces[14]) e uso de drogas duras. Esa cualificación, asociada coa pornografía limitaba o número de cinemas onde se exhibiría, e restrinxía a publicidade promocional, o que potencialmente podía prexudicar a recadación. A causa da cualificación era unha das escenas iniciais, onde se desmembraba a Angel. De Palma editou a escena e volveulle enviar a película á Motion Picture Association of America (MPAA) mais outra volta recibiu o X. Recurtou máis esa escena sen éxito. Universal optou por apelar a decisión da MPAA e finalmente a cualificación mudouse á menos restritiva cualificación R [15].
Recepción
[editar | editar a fonte]Ao primeiro o filme tivo críticas negativas[5], e houbo controversias sobre a violencia e a linguaxe sexualmente explícita do filme[16]. The New York Magazine definiuna como unha película de serie B baleira, fachendosa e excesiva[17]. Houbo na época críticas positivas como a de Roger Ebert que lle deu catro estrelas de catro e máis tarde engadiuna á súa lista de grandes películas.[18] A crítica contemporánea é radicalmente diferente na súa interpretación, así Rotten Tomatoes dálle un 83% baseado en 65 críticas [19] e en Metacritic logra unha puntuación de 65/100.
Recadación
[editar | editar a fonte]A estrea comercial do filme en Norteamérica foi o 9 de decembro de 1983, na súa primeira fin de semena de exhibición logrou 4.500.000 de dólares en 996 cines, unha media de 4616 dólares por cine, o segundo filme desa fin de semana por tras de Sudden Impact (9.600.000). Recadou 45.400.000 en Norteamérica e 20.400.000 noutros mercados, converténdose no 16º filme dese ano por recadación e o sétimo da cualificación R.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Scarface (1983) - Financial Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 "Scarface (1983) (1983)". Box Office Mojo. Consultado o 30 de decembro de 2013.
- ↑ "Scareface (1983)". Turner Classic Movies. Atlanta: Turner Broadcasting System (Time Warner). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Scareface (1932)". Turner Classic Movies. Atlanta: Turner Broadcasting System (Time Warner). Consultado o 11 de xaneiro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Miller, Julie (24 de agosto de 2011). "Al Pacino Did Not Want Michelle Pfeiffer For Scarface and 8 Other Revelations About the Gangster Classic". Movieline. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2013. Consultado o 05 de setembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 Priggé, Steven (2004). Movie Moguls Speak: Interviews with Top Film Producers Jefferson, N.C.: McFarland & Company, p. 121
- ↑ 7,0 7,1 Chapman, Matt (24 de agosto de 2011). "Al Pacino and the cast and crew talk Scarface". Total Film. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2014. Consultado o 05 de setembro de 2017.
- ↑ Lawrence Grobel (2008) Al Pacino Lawrence Grobel. Simon and Schuster, p. 87
- ↑ "15 Things You (Probably) Didn't Know About Scarface". ShortList. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2013. Consultado o 7 de decembro de 2013.
- ↑ Daily Variety Magazine; 26 de novembro de 1982, p. 8
- ↑ Daily Variety Magazine, 12 de maio de 1983, p. 10
- ↑ "7 Crazy Things You Never Knew About Scarface". Ifc.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 05 de setembro de 2017.
- ↑ "Movie 'Scarface' Receives X Rating", New York Times, 30 de outubro de 1983
- ↑ "Freeze Frame: Scarface". Web.archive.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2007. Consultado o 27 de abril de 2010.
- ↑ Ken Tucker (2008) Scarface Nation: The Ultimate Gangster Movie and How It Changed America St. Martin's Press
- ↑ Emmis Communications (1984). Texas Monthly. Emmis Communications. pp. 136–. ISSN 0148-7736.[Ligazón morta]
- ↑ New York Media, LLC (19 de decembro de 1983). New York Magazine. New York Media, LLC. pp. 70–. ISSN 0028-7369.
- ↑ Roger Ebert (9 de decembro de 1983). "Review of Scarface". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ "Scarface". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 11 de agosto de 2011.
- Filmes de 1983
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes sobre drogas
- Filmes sobre familias disfuncionais
- Filmes dirixidos por Brian De Palma
- Filmes ambientados en Bolivia
- Filmes ambientados en Florida
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes ambientados en 1980
- Filmes ambientados en 1983
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes ambientados en Miami
- Filmes de Universal Pictures
- Filmes de 1983 con versión en galego