Salvador Barata Feyo
Nome orixinal | (pt) Salvador Carvão da Silva de Eça Barata Feyo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de decembro de 1899 Moçâmedes, Angola (pt) |
Morte | 31 de xaneiro de 1990 (90 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Premios | |
Salvador Carvão da Silva de Eça Barata Feyo, nado en Moçâmedes, África Occidental Portuguesa, o 5 de decembro de 1899[1] e finado en Lisboa o 31 de xaneiro de 1990 foi un escultor e profesor destacado na segunda xeración de escultores modernistas portugueses.
Como docente na Escola de Belas-Artes da Universidade do Porto, tivo unha importante acción pedagóxica. Tamén foi director do Museo Nacional de Soares dos Reis e o Museo Barata Feyo está dedicado á súa obra en Caldas da Raínha.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Júlio César Barata Feyo, oficial militar destinado en grande parte no Ultramar, e de Josefina Alice da Silva. Foi ao Colexio Militar, despois ao Liceu de Coímbra, completando os derradeiros anos de bacharelato en Lisboa. Licenciouse na Escola de Belas Artes da antiga Universidade de Lisboa (c. 1929) onde foi alumno de Columbano Bordalo Pinheiro entre outros. En 1933 estivo en Italia (Nápoles, Roma, Florencia) como bolseiro do Instituto de Alta Cultura.[2]
Participou en varios Salóns da SNBA e S.P.N./S.N.I e en exposicións colectivas xunto a Almada Negreiros, António Soares, Jorge Barradas e outros, en Lisboa (Fundación Calouste Gulbenkian, Exposição do Mundo Português etc.), Nova York, Venecia, São Paulo, Bruxelas, París etc.[3]
A pesar de que foi vencedor dun concurso para o monumento ao Infante D. Henrique, a obra non chegou a bo porto e a escultura de Barata Feyo, nunha escala menos ambiciosa que a prevista, foi exposta no Pavillón Portugués da Feira de Bruxelas (1958) e posteriormente instalouse na Praça Portugal de Brasília.
A súa primeira obra importante, Primeiro Cânone (1929), marcada por un realismo simbólico e influencias de Rodin, representou unha ruptura co canon académico da época.
Feyo é coñecido pola atención psicolóxica que prestaba ás súas figuras, especialmente nos retratos de figuras literarias como Alexandre Herculano e Almeida Garrett, onde a capa é un elemento expresivo importante. Tamén realizou obras como a de Bartolomeu Dias en Cidade do Cabo, onde o movemento da roupa reflicte o dinamismo da figura.
Ademais da súa contribución artística, deixou unha importante pegada como educador, influenciando xeracións de artistas na Escola de Belas Artes do Porto.
Honras
[editar | editar a fonte]Barata Feyo recibiu o grao de Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada o 28 de xullo de 1933 e o Premio Nacional de Artes en 1960.[4][5]
Algunhas obras
[editar | editar a fonte]A súa obra inclúe estatuaria en varias localizacións de Portugal, Brasil e Cidade do Cabo, estando representado en numerosas coleccións, tanto públicas como privadas. Entre as súas obras destaca a estatua de Rosalía de Castro, inaugurada en setembro de 1954 na Praza da Galiza, Massarelos, Porto.[6]
Obra (escolma)
[editar | editar a fonte]- Busto de Sarah Afonso, c. 1930 (exposto no I Salão dos Independentes, 1930).
- Nena de Nazaré, c. 1935-40, barro cocido, 530 x 500 x 300 cm; col. Museo do Chiado, Lisboa.
- Inmaculada, barro cocido, policromada, altura 180 cm; Caia (exposto na I Mostra de Artes Plásticas da Fundación Calouste Gulbenkian).[7]
- Race, 1939 (exposto na Feira Mundial de Nova York, 1939).
- Alexandre Herculano, 1945; Avenida da Liberdade, Lisboa (inaugurada o 27 de maio de 1950).
-
Busto de Rubén A.
-
Busto de Silva Porto, 1950
-
Monumento a Almeida Garrett, 1951
-
Monumento ao Infante D. Henrique, 1956
- Almeida Garrett, 1945, mármore; Avenida da Liberdade, Lisboa (inaugurada o 27 de maio de 1950).
- Antero de Quental, 1946; Xardín da Estrela, Lisboa.
- Pescador, 1948; xardín da Facultade de Belas Artes do Porto, parroquia de Bonfim, Porto.
- Rosalía de Castro, 1951; Praça da Galiza, Massarelos, Porto (inaugurado en setembro de 1954).
- Demóstenes (Elocuencia); Aristóteles (Filosofía); Tucídides (Historia); Safo (Poesía), 1951; Facultade de Letras da Universidade de Coimbra.
- Monumento a Almeida Garrett, 1951; Praça Humberto Delgado, Santo Ildefonso, Porto (inaugurado en 1954).
- Estatua de Bartolomeu Dias, 1952; Cidade do Cabo .
- Estatua de Francisco Sanches, 1954; Braga.
- Monumento ao Infante D. Henrique, 1956, bronce; Praça Portugal, Brasilia, Brasil .
- Flora, 1960, pedra; Tavira .
- Estatua ecuestre de D. Xoán VI , 1966, bronce; Praça XV de Novembro, Rio de Janeiro e Praça de Gonçalves Zarco, Porto.
- Estatua ecuestre de Vímara Peres, 1968; xunto á Catedral do Porto.
-
Dominate the city (7844348264).jpg Estatua ecuestre de Vímara Peres, 1968
-
Porto, Portugal (10552325653).jpg Estatua ecuestre de Vímara Peres, 1968
-
D Joao VI Escultor Barata Feyo.jpg Estatua ecuestre de Xoán VI, 1966
-
2000 Busto de J. R. Gomes en Funchal. Madeira. Portugal-68.jpg Busto de João dos Reis Gomes, Funchal
-
2000 Busto de J. Reis Gomes en Funchal. Madeira. Portugal-69.jpg Busto de João dos Reis Gomes, Funchal
Notas
- ↑ Diversas fontes bibliográficas indican o ano de 1902 como data de nacemento, nomeadamente: A.A.V.V. – Os anos 40 na arte portuguesa. Lisboa, Fundación Calouste Gulbenkian, 1982, p. 23; A.A.V.V. – Art Portugais: Peinture et Sculpture du Naturalisme à nos Jours. Lisboa; París: Fundación Calouste Gulbenkian; Asociación Francesa de Acción Artística, 1968; A.A.V.V. – Museo do Chiado: arte portuguesa 1850-1950. Lisboa: Museo do Chiado, 1994, p. 276; Paes, Sallés – Barata Feyo. Empresa Nacional de Publicidade / Editorial Noticias, 1966, p. 19.
- ↑ A.A.V.V. – Mestre Barata Feyo: exposição retrospetiva. Porto: Escola Superior de Belas-Artes do Porto, 1981, p. 39, 40, 68, 69, 86.
- ↑ A.A.V.V. – Art Portugais: Peinture et Sculpture du Naturalisme à nos Jours. Lisboa; París: Fundación Calouste Gulbenkian; Association Française d’Action Artistique, 1968.
- ↑ A.A.V.V. – Mestre Barata Feyo: exposição retrospetiva. Porto: Escola Superior de Belas-Artes do Porto, 1981, p. 68, 69, 86.
- ↑ França, José-Augusto – A arte em Portugal no século XX [1974]. Lisboa: Bertrand Editora, 1991, p. 271, 281
- ↑ A.A.V.V. – Mestre Barata Feyo: exposición retrospectiva. Porto: Escola Superior de Belas-Artes do Porto, 1981, p. 37, 86.
- ↑ A.A.V.V. – I Exposição de Artes Plásticas da Fundação Calouste Gulbenkian. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 1957.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador Barata Feyo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A.A.V.V. – Mestre Barata Feyo: exposição retrospetiva. Porto: Escola Superior de Belas-Artes do Porto, 1981.
- Paes, Sallés – Barata Feyo. Empresa Nacional de Publicidade / Editorial Notícias, 1966.
- Inauguración da Ponte da Arrábida, Oficina de Historia da Cidade, CMP, Porto, 1963.
- Catálogo da XIII Magna Exposición da ESBAP, decembro de 1964.
- Quaresma, María Clementina – Inventario Artístico de Portugal, Vol. XIII, ANBA, 1995.
- Saial, Joaquim – Estátua portuguesa da década de 1930 (1926-1940) . Bertrand Editora, Lisboa, 1991.