Sam Walton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1918 Kingfisher, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 5 de abril de 1992 (74 anos) Little Rock, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Mieloma múltiple |
Lugar de sepultura | Bentonville Cemetery (en) |
Residencia | Kingfisher (pt) |
Relixión | Presbiterianismo |
Educación | Universidade de Misuri David H. Hickman High School (en) Trulaske College of Business (en) |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, empresario, economista |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Helen Walton (1943–1992) |
Fillos | S. Robson Walton, John T. Walton, Jim Walton, Alice Walton |
Pais | Thomas Gibson Walton e Nancy Lee Lawrence |
Irmáns | James "Bud" Walton |
Premios | |
Samuel Moore Walton, nado en Kingfisher (Oklahoma) o 29 de marzo de 1918 e finado en Little Rock (Arcansas) o 5 de abril de 1992, foi un home de negocios e empresario estadounidense, coñecido por fundar as tendas Walmart e Sam's Club. Wal-Mart Stores Inc. creceu ata converterse na maior empresa do mundo por beneficios, ademais do maior empregador privado do mundo.[1] Nun momento da súa vida, foi a persoa máis rica dos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na época de estudante, Samuel foi elixido como o rapaz mais versátil e converteuse en presidente do corpo de estudantes.[2] Formouse en economía no ano 1940. O seu socio e irmán máis novo James (alcumado "Bud") formouse na academia militar.
A primeira experiencia dos Waltons foi como empregados nunha tenda de Oklahoma, coñecida como DuPont. A primeira tenda dos Waltons foi unha franquía rede Ben-Franklin, na cidade de Newport en 1945.[3] Bud e súa esposa Audie asociáronse con Sam e a súa esposa Helen durante un ano, ata compraren a súa propia tenda. O matrimonio Walton transformou a tenda, que operaba con prexuízos nunha das maiores unidades da rede Ben Franklin en Arcansas. Vendo o éxito en 1949, o propietario que alugaba o inmoble para os Waltons pediuna de volta.
Os Waltons mudáronse a Bentonville, unha pequena cidade na montaña Ozark. En 1951, o matrimonio pasou a administrar unha pequena tenda de variedades e de baixo volume, co nome Walton's 5 & 10. Entre 1951 e 1962, Sam percorreu varios outros tipos de negocios (concorrentes como K-Mart). O concepto da empresa K-Mart era simple: mercadorías de prezos baixos con calidade e con énfase no autoservizo. Isto levou a Sam a considerar un novo tipo de concepto: as tendas de descontos.
Entón, Sam e o seu irmán Bud, decidiran fundar o Wal-Mart en 1962, coa abertura da súa primeira tenda na cidade de Rogers, Arcansas, co nome de Wal-Mart Discount City.[4]
Dous anos despois da súa fundación, a rede xa contaba con 24 tendas e unha facturación de 12,6 millóns de dólares.
Falecemento
[editar | editar a fonte]Walton faleceu o 5 de abril de 1992 de mieloma múltiple, un tipo de cancro de ósos,[5] en Little Rock.[6] As novas do seu pasamento foron transmitidas por satélite a todas as 1960 tendas Walmart.[7] Nese momento, a compañía tiña 380 000 empregados.
Os seus restos están enterrados no cemiterio de Bentonville. Legou a propiedade de Walmart á súa esposa e os seus fillos: Rob Walton secedeu o seu pai como presidente de Walmart, e John Walton foi o director ata a súa morte en 2005 nun accidente aéreo.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Walton casou con Helen Robson o 14 de febreiro de 1943.[3] Tiveron catro fillos: Samuel Robson (Rob) nado en 1944, John Thomas (1946–2005), James Carr (Jim) nado en 1948, e Alice Louise nada en 1949.[8] Walton apoiou varias causas de caridade. Helen e mais el eran activos na Primeira Igrexa Presbiteriana de Bentonville;[9] Sam serviu como presbítero e profesor da escola dominical, dando clases a estudantes de instituto.[10] A familia fixo importantes contribucións á congregación.
Legado
[editar | editar a fonte]En 1998, Walton foi incluído pola revista Time na lista das 100 persoas máis influentes do século XX.[11] Walton foi recoñecido polo seu traballo na venda polo miúdo en marzo de 1992, un mes antes da súa morte, cando recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade por parte do presidente George H. W. Bush.[7]
Forbes considerou a Sam Walton a persoa máis rica dos Estados Unidos entre 1982 e 1988, en que cedeu o posto a John Kluge cando os editores comezaron a considerar a fortuna de Walton repartida entre el e os seus catro fillos.[12]
Na Universidade de Arcansas, a Escola de Negocios (Sam M. Walton College of Business) recibe o seu nome. Walton foi incluído no Junior Achievement U.S. Business Hall of Fame en 1992.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sam Walton Biography". 7infi.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 10 de agosto de 2017.
- ↑ "Sam Walton". Encyclopædia Britannica (Encyclopædia Britannica Inc). 2012. Consultado o 30 de marzo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Daniel, Gross; Forbes Magazine Staff (agosto de 1997). Greatest Business Stories of All Time (First ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. p. 269. ISBN 0-471-19653-3.
- ↑ Daniel, Gross; Forbes Magazine Staff (agosto de 1997). Greatest Business Stories of All Time (First ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. p. 272. ISBN 0-471-19653-3.
- ↑ Walton, Samuel. Sam Walton: Made in America. Bantam Books. p. 329. ISBN 0-553-56283-5.
- ↑ Ortega, Bob. "In Sam We Trust: The Untold Story of Sam Walton and How Wal-Mart Is Devouring America". The New York Times. Consultado o 7 de febreiro de 2007.
- ↑ 7,0 7,1 Daniel, Gross; Forbes Magazine Staff (agosto de 1997). Greatest Business Stories of All Time (First ed.). New York: John Wiley & Sons, Inc. p. 283. ISBN 0-471-19653-3.
- ↑ Tedlow, Richard S. (23 de xullo de 2001). "Sam Walton: Great From the Start". Working Knowledge (Harvard Business School). Consultado o 30 de marzo de 2012.
- ↑ "Presbyterian obit on Wal-Mart founder's widow" (en inglés).
- ↑ Robert Frank (25 de xullo de 2009). "Nickel and Dimed". The New York Times.
- ↑ "Time 100 Builders & Titans: Sam Walton". Time Magazine. 7 de decembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2000. Consultado o 31 de marzo de 2012. en Wayback Machine
- ↑ O'Connor, Clare (9 de setembro de 2010). "Billionaire John Kluge Dies At 96". Forbes.
- ↑ Patty de Llosa and Jessica Skelly von Brachel (23 de marzo de 1992). "The National Business Hall of Fame". Fortune (Peter Nulty Reporter Associates). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 25 de maio de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bianco, Anthony (2006). The Bully of Bentonville: how the high cost of Wal-Mart's everyday low prices is hurting America. New York: Currency/Doubleday. ISBN 0-385-51356-9.
- Fishman, C. (2006). The Wal-Mart Effect: How the World's Most Powerful Company Really Works--and HowIt's Transforming the American Economy. Penguin.
- Marquard, W. H. (2007). Wal-Smart: What it really takes to profit in a Wal-Mart world. McGraw Hill Professional.
- Scott, Roy Vernon; Vance, Sandra Stringer. Wal-Mart: A History of Sam Walton's Retail Phenomenon. ISBN 0-8057-9833-1.
- Trimble, Vance H. (1991). Sam Walton: the Inside Story of America's Richest Man. Penguin Books. ISBN 0-451-17161-6. ISBN 978-0-451-17161-0
- Walton, Sam; Huey, John (1992). Made in America: My Story. Nova York: Doubleday. ISBN 0-385-42616-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Time 100 Builders & Titans: Sam Walton by John Huey". Time Magazine. 7 de decembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2000. Consultado o 23 de agosto de 2019. at Wayback Machine
- Week Sam Walton: The King of the Discounters agosto 8, 2004
- Sam M. Walton College of Business, University of Arkansas Arquivado 08 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- Voices of Oklahoma interview, Chapters 12-16, with Frank Robson. First person interview conducted on 2 de novembro de 2009, with Frank Robson, brother-in-law of Sam Walton.