San Vicente de Leira, Vilamartín de Valdeorras
San Vicente de Leira | |
---|---|
Concello | Vilamartín de Valdeorras[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°27′10″N 7°03′50″O / 42.452872222222, -7.0638638888889 |
Poboación | 101 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Leira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 101 habitantes (50 homes e 51 mulleres), 54 menos ca en 2004 (78 mulleres e 77 homes) e 89 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Xeografía e historia
[editar | editar a fonte]Está situada ao norte do concello, lindando ao norte coa provincia de León a través da serra de Cabalos, cos picos Montouto (1541 m) e A Turriera (1610 m). No primeiro deles nace o río Leira, afluente do río Sil. Está comunicada a través da estrada provincial OU-0807, que comunica coa N-120. En marzo de 2018 a parroquia quedou incomunicada ao ser cortada a estrada[2][3].
No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz indícase que a parroquia ten 65 vivendas, con 300 habitantes[4]. As festas parroquiais celébranse o 27 de setembro, día de san Vicente.[5]
Na parroquia hai diversas empresas adicadas á extracción de lousa da época do ordovícico[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "O corte físico da estrada a San Vicente de Leira obedece a cuestións de seguridade" Arquivado 13 de marzo de 2018 en Wayback Machine., artigo na web da Deputación de Ourense, 11 de marzo de 2018.
- ↑ "Unha parroquia de Valdeorras queda sen acceso por estrada pola acción dunha canteira", artigo en Praza Pública, 11 de marzo de 2018.
- ↑ Madoz, Pascual (1847). "LEIRA (SAN. VICENTE)". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) X. Madrid. p. 125.
- ↑ Álvarez Cao, R. (1993): Galicia pueblo a pueblo. Ed. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-88254-24-5. Páx. 1536.
- ↑ Rodríguez González, X. A. (1992): La industria de la pizarra. Ediciones Díaz de Santos. ISBN 9788479780630. Páx. 26.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilamartín de Valdeorras
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Vicente de Leira no concello de Vilamartín de Valdeorras | |
---|---|