Saltar ao contido

San Xián dos Prados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSan Xián dos Prados
Imaxe
Tipoigrexa
Monumentos do patrimonio histórico de España Editar o valor en Wikidata
EpónimoXián e Basilisa Editar o valor en Wikidata
Parte deMonumentos de Oviedo e do Reino de Asturias Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaOviedo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°22′04″N 5°50′14″O / 43.36769, -5.83725
Características
Material usadoStone
ladrillo Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1998 (22ª Sesión)
Identificador312-005
Ben de interese cultural
Data8 de xuño de 1917
IdentificadorRI-51-0000149
Historia
Data de creación ou fundaciónséculo IX Editar o valor en Wikidata

A basílica de San Xián dos Prados (en asturiano: Santuyano) é unha igrexa prerrománica de comezos do século IX que se atopa en Oviedo (Asturias), sendo unha das principais mostras da arte asturiana. A igrexa está baixo a advocación dos santos mártires Xián e Basilisa.

Foi declarada Monumento Histórico Artístico en xuño de 1917 e Patrimonio da Humanidade o 2 de decembro de 1998.[1]

Construción

[editar | editar a fonte]

A data exacta da súa construción non chegou aos nosos días, pero sábese que a súa construción foi ordenada por Afonso II.[2] O templo está dedicado aos santos mártires exipcios Xián e Basilisa e fíxose arredor do século IX.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]
Ábsida da igrexa.

É un templo espazoso que presenta claramente definidos os caracteres propios deste estilo. Ten planta basilical de tres naves, separadas por piares cadrados que sosteñen arcos de medio punto e presenta un transepto cun alzado remarcado. O iconostasio, que separa a parte reservada ao clero, do resto da templo, presenta unha remarcábel similitude cun arco triunfal.

Destaca deste templo a súa grandiosidade e a súa orixinalidade que se aparta de modelos visigodos. Pero sen dúbida, o que máis atrae deste templo é a súa decoración pictórica, con pinturas ao fresco seguindo a técnica bizantina, en tres corpos superpostos, anicónicas, con decoración arquitectónica, de clara influencia romana. Trataríase máis ben dun templo monástico e non palatino, aínda que se reservaba para o rei unha tribuna no transepto.

Das tres entradas ao templo, hoxe en día dúas están tapiadas.

Decoración

[editar | editar a fonte]

Escultórica

[editar | editar a fonte]

A decoración escultórica que chegou aos nosos días redúcese aos capiteis de mármore nos que descansan os arcos de medio punto. Existen tamén dúas lousas de mármore labradas con figuras xeométricas de forma hexagonal e motivos florais que hoxe en día se atopan na capela central.

Pictórica

[editar | editar a fonte]

A decoración pictórica é o elemento de maior importancia que se pode ver na igrexa. Trátase sen dúbida da máis importante, tanto en extensión, conservación, como variedade de iconas representadas da súa época en toda Europa Occidental.[3][4]

Fachada sur de San Xián.

Iconografía

[editar | editar a fonte]
Fiestra orixinal.
Interior do templo.

Nestas pinturas ao fresco aplícase unha técnica de tradición romana (sobre capas de morteiro de cal e area aplícanse os pigmentos, como unha derivación da técnica romana, para crear os motivos decorativos). O programa iconográfico atópase na nave central e no transepto.

  • En primeiro lugar atópase o basamento das pinturas nas que se pode apreciar un labor de albanelaría (mármore e marquetaría).
  • No rexistro central hai pinturas en perspectiva coa representación do interior de pequenos edificios.
  • No nivel máis elevado vense reproducións de palacios que se alternan coas fiestras.
  • No muro oriental e occidental represéntase unha cruz (adornada con pedras preciosas e perlas, e pendurando dela un alfa e un omega que simboliza o poder de Deus como principio e final de todo).
  • Na parte superio atópanse os modillóns e no muro occidental e oriental hai uns recipientes para flores (que proceden dunha tradición primitiva).

Aparece un concepto anicónico da pintura no que non hai representacións figuradas e a decoración corresponde ao gusto do comitente ou mecenas.

Manuel Gómez-Moreno relacionou este aspecto anicónico co rexeitamento ás representacións figuradas, xa que a partir do IV concilio de Elvira España se declara anicónica.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Monuments of Oviedo and the Kingdom of the Asturias". UNESCO Culture Sector. Consultado o 17 de febreiro de 2013. 
  2. As referencias a este feito atópanse na Crónica de Afonso III, nas dúas versións existentes, tanto a rotense como na sebastiense: "Afonso II edificou tamén, ao noroeste, distante do palacio case un estadio, unha igrexa en memoria de San Xián mártir, con dous altares postos a ambos os lados, de admirábel disposición da decoración" (versión sebastiense).
  3. Só se pode comparar en extensión coa igrexa de San Xoán de Müstair, de orixe carolinxia situada nos Grisóns suízos, cuxas pinturas datan arredor do ano 800 da nosa era. En Alemaña, na illa de Reichenau, atópase tamén a igrexa de San Xurxo de Oberzell. Nesta igrexa, as pinturas tamén teñen unha extensión semellante, pero están datadas no século X.
  4. García de Castro Valdés, César (2004). "Santa María de Arbazal". Arte prerrománico de Asturias. Oviedo: Ediciones Nobel. ISBN 84-8459-181-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]