Saltar ao contido

Sancha de Lara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sancha de Lara é un personaxe lendario da cidade de Málaga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición, Sancha de Lara viviu no século XVII na praza do Bispo, fronte á Catedral de Málaga. Tiña esta un sobriño predilecto chamado Alonso Torres Sandoval, quen era requirido en calquera festa de certa importancia na cidade pola súa beleza e nivel social, tendo por iso a todas as raparigas tras de si, e entre elas, a mesma filla do alcalde, Pedro Olaverría, a quen Álvaro ignoraba, cousa pola cal e como se prevía na cidade, daría lugar a un choque entre ambos. Efectivamente así ocorreu durante unha función teatral na que ao chegar o primeiro edil, e como era de costume na época, todo o público púñase en pé en sinal de respecto pero Álvaro quedou sentado, o cal causou a cólera do alcalde quen manipulado pola súa esposa, mandou prendelo, sendo máis tarde executado con garrote vil.

Tal inxustiza levou a dona Sancha de Lara a viaxar até Madrid a pesar de ter que endebedarse, e botouse aos pés do mesmo rei, Filipe IV, solicitando que se castigase aos verdugos do seu sobriño. E así se fixo; recorreuse a un enviado real quen fixo xustiza aforcando na praza maior de Málaga a alcalde, xuíces e verdugo, até un total de sete persoas. Tras iso dona Sancha mandou esculpir unha placa de pedra con sete cabezas, representando ós sete axustizados, que colocou na fachada da súa vivenda.

Desta lenda hoxe en día só se conserva unha das antigas rúas da cidade, remodelada con posterioridade, onde até 1860, existiu a vivenda de dita señora, que foi demolida por ameaza de ruína.

As actas do Cabido daquel tempo non din nada respecto diso, tan só que o corrixidor don Álvaro de Lúa e Mendoza, administrou xustiza con castigos exemplares.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Vázquez Otero, D. (1987): Tradiciones malagueñas. Arguval, Málaga.
  • Gallego, M. e Lancha, F. (1996): Málaga en la leyenda. Arguval, Málaga.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]