Sandra Piñeiro
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1996 ![]() Esteiro, España ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | remeira ![]() | ||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | remo ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() ![]() |
Sandra Piñeiro Fungueiriño, nada en Esteiro (na parroquia de Castro, en Boiro) o 24 de abril de 1996, é unha remeira profesional e escritora galega, que compite co Orio da Liga Euskotren, a máxima categoría de competición en traiñeiras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a remar de neniña no Cabo da Cruz. Logo dunha década con este club, en 2016 chegou a disputar a liga Euskotren co Cabo, onde finalizaron de cuartas (e últimas). Ao remate dese ano fichou polo Náutico de Ribeira onde permaneceu dous anos, ata 2018. Ao remate desa temporada, o Orio (de Orio, en Guipúscoa) engadiuna ao seu equipo[1], onde coincidiu con Victoria Piñeiro, a remeira de Cangas. O Orio levaba desde 2013 na liga Euskotren, de forma ininterrompida.
En xullo de 2019, a Piñeiro rompeulle o tolete e quedou a vogar sen remo para manter o ritmo e o equilibrio da traiñeira e non prexudicar as compañeiras, nunha imaxe que acadou unha certa viralidade no momento[2]. Orio acabou por gañar esa regata. A canda as demais remeiras de Orio proclamouse vencedora da liga Euskotren nesa temporada[3], título que revalidou ao ano seguinte. Era a primeira vez que Orio gañaba a Liga Euskotren, logo de seis anos de dominio da traiñeira de Donibane (de Pasaia).
A partir de 2016 comezou a ter problemas coa alimentación[4] e case tres anos máis tarde foi diagnosticada de anorexia, trastorno para o que se tratou sen deixar a práctica deportiva[4]. A súa experiencia coa enfermidade escribiuna no seu libro Remando en la oscuridad.
Licenciouse en Ciencias do Deporte e adestrou equipos de base de remo de Orio. Traballa como preparadora física[5] en Donostia.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 2019: Liga Euskotren
- 2020: Liga Euskotren
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Ano |
---|---|
Cabo da Cruz | 2009- 2016 |
Náutico de Ribeira | 2017- 2018 |
Orio | 2018- actualidade |
Obra
[editar | editar a fonte]- Remando en la oscuridad (2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sandra Piñeiro: «El remo me lo ha dado todo»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-27. Consultado o 2021-08-01.
- ↑ "Una remera de Orio acaba remando... ¡sin remo!". EITB Radio Televisión Pública Vasca (en éuscaro). Consultado o 2021-08-01.
- ↑ "Doblete de Orio en Hondarribia". ElDesmarque Bizkaia (en castelán). 2019-08-11. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-01.
- ↑ 4,0 4,1 Zabaleta, Mercedes. "La remera Sandra Piñeiro relata su lucha contra la anorexia en “Remando en las oscuridad”". Efeminista. Consultado o 1 de agosto 2021.
- ↑ "Sandra Piñeiro". www.instagram.com. Consultado o 2021-08-01.