Sandwicheira
Unha sandwicheira é un aparello de cociña que se usa para cociñar sándwichs.
Descrición e funcionamento
[editar | editar a fonte]A sandwicheira xeralmente consiste en dúas placas unidas por un gonzo, e os sándwichs colocánse entre elas para preparalos. Para facer os sándwichs, as sandwicheiras péchanse herméticamente.
A sandwicheira eléctrica funciona a base da electricidade;[1] moitas delas non teñen interruptor para acendelas, xa que acenden en cando se enchufan e apáganse en canto se desenchufan. Nas sandwicheiras eléctricas as placas son quentadas por medio de resistencias dentro do aparello.
Existen tamén sandwicheiras manuais, que normalmente están feitas de ferro fundido ou aluminio e funcionan pola calor dunha cociña, o lume nunha lareira etc.
Orixe
[editar | editar a fonte]Nos Estados Unidos, a Tostwich é posibelmente a primeira sandwicheira, datada de iñantes de 1920. Porén, non foi patentada até o 3 de marzo de 1925 (solicitada o 26 de maio de 1924). Foi inventada por Charles Champion, cuxas outras invencións inclúen unha máquina de flocos de millo.[2]
A sandwicheira orixinal da marca Jaffle foi deseñada e patentada en 1949 polo Dr. Earnest Smithers de Bondi, Australia.[3]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sanduicheira elétrica ou manual? confira a diferença entre os aparelhos e saiba qual o melhor para você". TudoGostoso. 14/06/2023.
- ↑ "Catlin's Own Inventor". Shirley Nesbitt, 2000.
- ↑ "1949 Jaffle craze hits Australia". Australian food history timeline. 18/09/1940.