Santa Cruz de Abranes
Aparencia
Santa Cruz de Abranes (Santa Cruz d'Abranes en leonés) é unha localidade do concello de Pedralba de la Pradería, pertencente á provincia de Zamora[1].
Nesta pequena localidade de 24 habitantes (INE 2020) consérvase a lingua leonesa, aínda falada cun grao de pureza superior ao doutras localidades da zona[2].
Pertence á bisbarra de Seabra, aínda que ata o século XVIII pertenceu a Portugal, país co cal é lindeiro. Encóntrase dentro do espazo natural protexido da Serra da Culebra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 05 de agosto de 2013.
- ↑ Toponimia menor del noroeste de la provincia de Zamora: 3. Santa Cruz d’Abranes (con notas sobre el machuecu curixegu).