Santiago Morán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1571 (Gregoriano) Viana do Bolo, España |
Morte | 1626 (54/55 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | pintor |
Familia | |
Fillos | Santiago Morán Cisneros |
Santiago Morán "el Viejo", nado en Viana do Bolo, Ourense, circa de 1571 e finado en Madrid en 1626, foi un pintor de cámara.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Discípulo e colaborador de Juan Pantoja de la Cruz, ocupou a praza de pintor de cámara de Filipe III ao quedar esta vacante á morte de Pantoja en 1609. Como pintor de cámara están documentados algúns retratos que fixo do rei e dos membros da familia real, inda que asemella que só se conservou o retrato da infanta Margarida Francisca, filla de Filipe III, atribuído a el no Museo do Prado.[1] Tamén, segundo os documentos, destacou como pintor de aves. En 1612 recibiu o encargo de copiar algunhas das pinturas que a raíña Margarida de Austria encargara traer de Florencia para o retablo maior e colaterais do convento das Descalzas Reais de Valladolid, pinturas que sufriran graves danos na viaxe. Segundo investigacións recentes parece probable, con todo, que Morán se limitase a restaurar, e quizais non pola súa propia man, estas pinturas conservadas in situ. Da súa produción, descontados estes cadros, queda unicamente unha Imposición da casula a San Ildefonso en colección particular ata que foi adquirido polo Estado en 2016 con destino ao Museo do Prado.
É pai do pintor Santiago Morán Cisneros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O retrato español no Prado. Do Greco a Sorolla, Museo do Prado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago Morán |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Sánchez, Afonso E. (1992). Pintura barroca en España 1600-1750, páx. 84-85. Ed,s. Cátedra. ISBN 84-376-0994-1.
- Cruz Valdovinos, José Manuel; Sobre el pintor de cámara Santiago Morán el Viejo (1571-1626), 17 páx., UCM (en castelán).