Santiago de Compostela Club de Fútbol
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela | |||
---|---|---|---|
Nome | Santiago de Compostela Club de Fútbol | ||
Fundación | 2005 | ||
Estadio | Santa Isabel, Santiago de Compostela, Galicia | ||
Presidente | Antonio Álvarez Ferreiro | ||
Adestrador | Tono Ínsua | ||
Liga | Non compite | ||
2011-12 | 17º | ||
Patrocinador | Gerlo (máquinas expendedoras)[1][2] | ||
| |||
O Santiago de Compostela Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 2005 en Santiago de Compostela, e un dos dous principais da cidade. Na actualidade non conta con equipo sénior, só fútbol base.
Historia
[editar | editar a fonte]Ten as súas orixes no equipo do CD Santiago Sar, que naceu en 2004 de dous equipos locais, o Rosalía e o AD Colexiata do Sar. Foi o Santiago Sar quen conseguiu o ascenso en 2004-05 á Preferente, categoría onde se mantivo o seu sucesor o Santiago de Compostela ata a tempada 2011-12. Na tempada 2012-13 o club deixa de participar en categoría sénior e mantén só equipos nas categorías inferiores, salientando nesa tempada a participación do equipo xuvenil na División de Honra.
Tempada a tempada
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2005/06 | Preferente | 11º |
2006/07 | Preferente | 11º |
2007/08 | Preferente | 13º |
2008/09 | Preferente | 6º |
2009/10 | Preferente | — |
2010/11 | Preferente | 7º |
2011/12 | Preferente | 17º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [Ligazón morta Fotografías d partido Santiago de Compostela FC vs SD Dubra][Ligazón morta], Web da SD Dubra
- ↑ "El Santiago comienza el curso goleando en casa". El Correo Gallego. 30/8/2010. Arquivado dende o orixinal o 30/08/2010. Consultado o 30/08/2010.