Santianes de Pravia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Asturias | |||
Provincia | provincia de Asturias | |||
Concello | Pravia | |||
Poboación | ||||
Poboación | 541 (2020) | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Río Nalón | |||
Altitude | 55 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Código INE | 33051120000 | |||
Santianes é unha parroquia e lugar do concello de Pravia, no Principado de Asturias. Abrangue unha poboación de 172 habitantes (INE 2021) e ocupa unha extensión de 14,16 km².[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada na zona nordés do concello, limita ao norte coas parroquias de Somado e de Muros (esta última no concello homónimo), ao leste con Sotu'l Barcu, ao sueste coa de Riberas, no concello anterior; ao sur con Fenoyeda (Candamu) e Pronga, ao suroeste coa de Pravia e ao oeste coas de Escureu e Villafría.[2]
Ademais, os núcleos de Santianes, Bances e Los Cabos, constituíronse como parroquias rurais conforme o artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Asturias, desenvolvido na Lei 11/1986, de 20 de novembro.[3][1].
Historia
[editar | editar a fonte]O nome Santianes deriva do latín Sancti Ioannis (San Xoán), a quen se lle dedica o templo prerrománico da localidade. Unha das teorías está vencellada co nacemento de Pravia, a Flavium Avia romana. Nos arredores de Pravia e Santianes consérvase unha vila romana en La Magdalena de la Llera e o ronsel dun personaxe togado en Los Cabos. Atopáronse moedas romanas e outros obxectos na contorna do castro de Doña Palla.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Amais de destacaren os hórreos e paneiras asturianos de madeira de castiñeiro, outros lugares de interese son:
- A Igrexa de San Xoán, prerrománica, construída no século VIII durante o reinado de Silo. Este e a súa esposa, a raíña Adosinda, fixeron de Santianes a capital do reino asturiano.
- En xullo de 2007 inaugurouse xunto á igrexa o Museo de Santianes.
- O recuncho das aves de Santianes, un núcleo zoolóxico con, entre outros, faisáns, perdices, paspallás, rulas e anátidos.
- A ponte colgante sobre o río Nalón posibilita a comunicación directa coa aldea de Peñaullán a través dunha senda verde a pé.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales. Instituto Nacional de Estadística.
- ↑ Gobierno del Principado de Asturias. "Sistema de información territorial del Principado de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2011. Consultado o 11 de setembro de 2011.
- ↑ Información relativa a las parroquias rurales constituidas en Asturias. Gobierno del Principado de Asturias.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santianes de Pravia |