Santo André, São Paulo
Epónimo | André Apóstolo ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | São Paulo ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 748.919 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 174,84 km² ![]() | ||||
Altitude | 700 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | São Paulo Ribeirão Pires (pt) ![]() Rio Grande da Serra (pt) ![]() Santos São Caetano do Sul (pt) ![]() Mogi das Cruzes Cubatão (pt) ![]() Mauá (pt) ![]() São Bernardo do Campo Suzano (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 30 de novembro de 1938: Concello do Brasil ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Prefeitura Municipal de Santo André (pt) ![]() ![]() | ||||
• Prefeito (pt) ![]() ![]() | Paulo Serra (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Santo André (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 11 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 3547809 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | santoandre.sp.gov.br ![]() |
Santo André é unha importante cidade industrial e comercial na Megalópole de São Paulo. Co crecemento industrial brasileiro das décadas de 1950 e 1960, a cidade recibiu industrias de pezas para automóbiles, equipamentos eléctricos e motores, produtos químicos, pezas de plástico, téxtiles, e outras e, a partir de entón, tivo un gran crecemento de poboación. É hoxe unha das máis grandes cidades do estado e, a pesar dalgunhas industrias teren cerrado as súas fábricas na cidade (despois de que os terreos para expansión foran escasos) e as teren transferido a outros puntos do Brasil, o comercio e os servizos da cidade permaneceron e diversificáronse.
Por ser veciña á cidade de Sao Paulo, unida a esta por diversos medios de transporte (ferrocarril, ómnibus), e os seus límites xeográficos confundírense, mesmo os seus habitantes que traballan na capital fan compras e pagan os seus impostos na cidade, ademais de seren utilizados os seus servizos por persoas de cidades veciñas, inclusive da capital. Así, a súa dinámica económica permanece.

Pertence á cidade o antigo distrito de Paranapiacaba, xurdido coa instalación do ferrocarril que uniu a cidade de Santos a Jundiaí en 1872. Era un acampamento dos traballadores da construción e dos enxeñeiros ingleses que proxectaron o ferrocarril. A estación do ferrocarril na vila de Paranapiacaba ten unha curiosa copia do reloxo Big Ben, ademais dun museo ferroviario.