Santuario Itsukushima
(ja) 厳島神社 | ||||
Tipo | Itsukushima shrine (en) Ichinomiya (templo) (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Itsukushima (pt) | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional Setonaikai (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Hatsukaichi, Xapón e Miyajima, Xapón (en) | |||
Localización | 広島県廿日市市宮島町1-1 | |||
| ||||
Bañado por | Ōno Seto (en) | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 431,2 ha zona de protección: 2.634,3 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Asia-Oceanía insular | |||
Data | 1996 (20ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iv) e (vi) | |||
Identificador | 776 | |||
Tesouro Nacional do Xapón | ||||
Ben Cultural Importante do Xapón | ||||
Itsukushima Shrine Ōtorii (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Itsukushima Shrine Ōtorii (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | ? | |||
| ||||
Tesouro Nacional do Xapón | ||||
West Corridor (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 29 de marzo de 1952 | |||
Ben Cultural Importante do Xapón | ||||
West Corridor (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 5 de abril de 1899 | |||
Data de remate | 29 de marzo de 1952 | |||
| ||||
Tesouro Nacional do Xapón | ||||
Honden, Heiden and Haiden of the Main Shrine (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 29 de marzo de 1952 | |||
Ben Cultural Importante do Xapón | ||||
Honden, Heiden and Haiden of the Main Shrine (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 5 de abril de 1899 | |||
Data de remate | 29 de marzo de 1952 | |||
| ||||
Tesouro Nacional do Xapón | ||||
Haraiden of the Main Shrine (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 29 de marzo de 1952 | |||
Ben Cultural Importante do Xapón | ||||
Haraiden of the Main Shrine (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 5 de abril de 1899 | |||
Data de remate | 29 de marzo de 1952 | |||
| ||||
Tesouro Nacional do Xapón | ||||
East Corridor (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 29 de marzo de 1952 | |||
Ben Cultural Importante do Xapón | ||||
East Corridor (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 5 de abril de 1899 | |||
Data de remate | 29 de marzo de 1952 | |||
| ||||
Tesouro Nacional do Xapón | ||||
Haraiden of Marōdo Shrine (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 29 de marzo de 1952 | |||
Ben Cultural Importante do Xapón | ||||
Haraiden of Marōdo Shrine (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 5 de abril de 1899 | |||
Data de remate | 29 de marzo de 1952 | |||
| ||||
Tesouro Nacional do Xapón | ||||
Honden, Heiden and Haiden of Marōdo Shrine (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 29 de marzo de 1952 | |||
Ben Cultural Importante do Xapón | ||||
Honden, Heiden and Haiden of Marōdo Shrine (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 5 de abril de 1899 | |||
Data de remate | 29 de marzo de 1952 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 593 | |||
Cronoloxía | ||||
16 de outubro de 1555 | Battle of Miyajima (en) | |||
Kangensai (en) | ||||
Primeiro rexistro escrito | 9 de agosto de 811 | |||
Actividade | ||||
Fundador | Saeki no Kuramoto (en) | |||
Operador | Itsukushima kannushi family (en) | |||
Sitio web | itsukushimajinja.jp | |||
O Templo Itsukushima (en xaponés: 厳島神社) é un santuario xintoísta situado na Illa de Itsukushima (coñecida popularmente como Miyajima), máis coñecida pola súa porta torii "flotante",[1] Está na cidade de Hatsukaichi na Prefectura de Hiroshima no Xapón, accesible desde o continente en transbordador na Estación de Miyajimaguchi. O complexo do santuario está catalogado como Patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 1996, e o goberno xaponés designou varios edificios e posesións como Tesouros Nacionais.[2] Na actualidade está en perigo de derrumbe.
O santuario de Itsukushima é unha das atraccións turísticas máis populares do Xapón. É máis famoso pola súa espectacular porta, ou torii nos arredores do santuario,[2] os picos sagrados do Monte Misen, os extensos bosques e as súas vistas ao océano.[1][3] O propio complexo do santuario consta de dous edificios principais: o santuario Honsha e o Sessha Marodo-jinja, así como outros 17 edificios e estruturas diferentes que axudan a distinguilo.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]Itsukushima jinja foi o principal santuario xintoísta (ichinomiya) da Provincia de Aki.[4]
Dise que erixíuse no ano 593 supostamente por Saeki Kuramoto durante o reinado da Emperatriz Suiko (592–628 CE).[2] Non obstante, o actual santuario é popularmente atribuído a Taira no Kiyomori, un destacado nobre da Corte Imperial e posteriormente chanceler (Daijō-daijin), que contribuíu en gran medida á construción do santuario durante o seu tempo como gobernador de Provincia de Aki en 1168.[5] Outro coñecido patrón do santuario foi Mori Motonari, señor do Dominio Chōshū,[2][5] que foi o responsable da reconstrución do honden (salón principal) en 1571. Non obstante, é importante ter en conta que, como resultado da guerra contra Sue Takafusa alí en 1555, dise que Motonari profanou os terreos da illa ao loitar na illa.[2] Derramar sangue violaba os estritos tabús destinados a preservar a pureza sagrada asociada aos santuarios xintoístas.[5] A única estrutura sobrevivente do santuario de Itsukushima do Período Kamakura é o Kyakuden ou "Santuario do Deus invitado".
Kiyomori
[editar | editar a fonte]Non era raro durante o século XII que a nobreza construíse santuarios ou asumise outros proxectos arquitectónicos para "reflictir o seu poder e esplendor".[6] Os Taira son coñecidos especialmente pola súa participación no comercio marítimo coa dinastía Song (960–1279) e por tentar monopolizar o comercio exterior ao longo do mar Interior.[7]
Kiyomori estaba no auxe do seu poder cando estableceu o dominio Taira sobre a illa. "Ordenou a construción do salón principal do santuario de Itsukushima como mostra de reverencia ao deus tutelar da navegación e para servir de base para as actividades marítimas..."[7] Miyajima pronto converteuse no santuario da familia Taira.[2] Supostamente, Kiyomori escolleu o lugar tamén polo motivo de establecerse aínda máis na aristocracia de Heian como quen se desviaba das normas sociais da peregrinación xintoísta.[8] Prodigou grandes riquezas a Itsukushima e gustáballe mostrar o lugar aos seus amigos e colegas, ou mesmo aos personaxes reais..." [9]
Tamén se di que Kiyomori reconstruíu o santuario por mor dun soño que tiña dun vello monxe que lle prometeu o dominio sobre Xapón se construía un santuario na illa de Miyajima e rendía culto aos seus kami que están alí consagrados polo seu éxito na vida.[5][2] As renovacións financiadas polos Taira permitiron que Itsukushima "crecera ata converterse nun importante complexo relixioso". [8]
Significado relixioso
[editar | editar a fonte]O santuario de Itsukushima está dedicado ás tres fillas de Susano-o no Mikoto: Ichikishimahime no mikoto, Tagorihime no mikoto e Tagitsuhime no mikoto. Tamén coñecidas como "sanjoshin" ou "tres deidades femininas", estas deidades xintoístas son as deusas dos mares e das tormentas. Kiyomori cría que as deusas eran "manifestacións de Kannon", polo que a illa era entendida como o fogar do bodhisattva.[8] En xaponés, a palabra Itsukushima tradúcese como "illa dedicada aos deuses."[2] A propia illa tamén se considera un deus, polo que o santuario foi construído nos arredores da illa.[2] Ademais da súa santidade, o monte Misen é o pico máis alto cuns 535 m.[2] Os turistas poden facer sendeirismo ou tomar un teleférico ata o cumio.[2]
Os seus tesouros inclúen a famosa Heike Nōkyō, ou "Sutras dedicados pola Casa de Taira". Estes consisten en trinta e dous rolos, nos que os sutras do Loto, Amida e Corazón foron copiados por Kiyomori, os seus fillos e outros membros da familia, completando cada un a transcrición dun pergamiño, e estaban "decorados con prata, ouro e nácara polo mesmo [Kiyomori] e outros membros do seu clan."[2]
Orixinalmente Itsukushima era un santuario xintoísta puro "onde non se permitía que nacementos nin mortes causasen contaminación. Debido a que a illa en si era considerada sagrada, os plebeos non tiñan permiso para pisar nela durante gran parte da súa historia para manter a súa pureza. Manter a pureza do santuario é tan importante que desde 1878 non se permitiu morte ou nacemento preto del.[10] Ata o día de hoxe, as mulleres embarazadas deben retirarse ao continente a medida que se achega o día do parto, do mesmo xeito que os enfermos terminais ou os anciáns cuxo falecemento é inminente. Están prohibidos os enterramentos na illa. Para permitir que os peregrinos se achegasen, o santuario construíuse como un peirao sobre a auga, polo que parecía flotar, separado da terra.[11] A porta de entrada vermella, ou torii, construíuse sobre a auga polo mesmo motivo. Os plebeos tiveron que dirixir os seus barcos polo torii antes de achegarse ao santuario.
Galería
[editar | editar a fonte]-
O torii coa marea baixa
-
O torii ao amencer
-
O torii ao solpor
-
O torii pola noite
-
Os edificios que compoñen o propio santuario tamén están construídos na auga.
-
Os corredores e camiños do santuario sobre pilotes.
-
A porta torii vista desde o castelo coa marea baixa
-
O torii cun visitante e vista do mar Interior de Seto.
-
Pagoda de cinco niveis en Itsukushima
-
Cervo preto da porta torii
-
Panorama da porta flotante torii no santuario Itsukushima.
-
Reunións ministeriais do G7 de 2016.
-
Dentro do santuario principal de Itsukushima (Haiden)
-
Ponte en Miyajima
-
Pagoda de Tahōtō
-
Chashitsu no seu xardín, arredor de 1900
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Nussbaum, Louis-Frédéric (2005). "Itsukushima-jinja" en Japan Encyclopedia, p. 407.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Cali, Joseph; Dougill, John; Ciotti, Geoff (2013). Shinto Shrines: A Guide to the Sacred Sites of Japan's Ancient Religion. University of Hawai'i Press. ISBN 9780824837136. JSTOR j.ctt6wqfhm.
- ↑ 3,0 3,1 "Ramsar and World Heritage Conventions: Converging towards success - Case study: Itsukushima Shinto Shrine, Japan" (PDF). Ramsar. 15 de setembro de 2017.
- ↑ "Nationwide List of Ichinomiya," p. 3 Arquivado 2013-05-17 en Wayback Machine.; retrieved 2012-11-20.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Sadler, A.L. (2009). A Short History of Japanese Architecture.
- ↑ Calza, Gian Carlo (2002). Japan Style. Phaidon. p. 190. ISBN 978-1100744452.
- ↑ 7,0 7,1 Shively, Donald H. (1999). The Cambridge History of Japan, Volume 2: Heian Japan. Cambridge University Press. p. 635.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 BLAIR, HEATHER (2013). "Rites and Rule: Kiyomori at Itsukushima and Fukuhara". Harvard Journal of Asiatic Studies 73 (1): 1–42. ISSN 0073-0548. JSTOR 44478243.
- ↑ Sansom, George (1958). A History of Japan to 1334. Stanford University Press. p. 276. ISBN 978-0804705233.
- ↑ "Itsukushima". GoJapanGo. 2010. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2012. Consultado o 17 de marzo de 2011.
- ↑ Turner, Victor W. (1969). The Ritual Process: Structure and Anti-structure. Chicago: Aldine Pub. ISBN 9780202010434.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santuario Itsukushima |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|