Saltar ao contido

Sara Barquinero del Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSara Barquinero del Toro
Biografía
Nacemento1994 Editar o valor en Wikidata (29/30 anos)
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, filósofa Editar o valor en Wikidata

BNE: XX6048376 Dialnet: 4571714

Sara Barquinero del Toro, nada en Zaragoza en 1994, é unha filósofa e escritora española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Desde nova Barquinero tivo interese polas letras e as artes. Decidiu estudar filosofía e licenciouse na Universidade de Zaragoza. Despois trasladouse a Madrid, onde realizou un mestrado de Escritura Creativa e Creación Literaria na Escola de Letras Hotel Kafka.[1]

En 2018, o Departamento de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón concedeulle a Bolsa Luis Buñuel que lle permitiu investigar e desenvolver as súas creacións na Residencia de Estudantes de Madrid.[2][3]

Dentro do programa FPU (Formación do Profesorado Universitario) en Filosofía do grupo Metafísica, Crítica e Política da Universidade Complutense de Madrid, iniciou a súa tese doutoral en 2017, sobre o concepto do sublime en Kant e as relacións de tempo e liberdade, que leva por título Las lecturas políticas contemporáneas de la Crítica del Juicio.[4][2]

Creou o proxecto artístico Siebaruaq baseado en tres tipos de traballos: fanzines, caligramas e obxectos literarios. Ademais explora diferentes técnicas, como o colaxe, o dictionary art e o esbozo.[3]

Como Siebaruaq participa en diversos eventos de activismo artístico e tamén pertence ao Colectivo de Artistas en Acción Solidaria de Aragón, cuxo fin é utilizar a arte como medio de expresión e visibilizar as inxustizas e as inquietudes do momento para contribuír ao ben común.[5][6] Colabora coa revista Kalos, de arte e cultura aragonesa.[2]

Como poeta, recibiu en 2019 o premio Voces Novas de poesía da Editorial Torremozas, especializada na literatura escrita por mulleres, principalmente enfocada á poesía, relato curto ou ensaio e no rescate de autoras esquecidas ou pouco coñecidas fóra do seu país.[7]

En 2020 publicou Terminal, unha obra que combina o teatro e a novela, e onde a autora di dela:[8]

Para mín Terminal é unha novela sobre a morte, sexa a morte física e definitiva ou a morte dun horizonte de posibilidade, dunha esperanza, dun intre do presente ou do pasado que non pode volver; ou de cómo a toma de conciencia desta mortalidade pode levar a reformularte a túa propia existencia.

Está traducida ao catalán e publicada polo Grup Editorial Pagès.

Estaré sola y sin fiesta (2021) presentouse como unha novela de amor, aprendizaxe e viaxe por España, baseado en parte no diario que atopou xunto á Canle de Zaragoza.[2]

Sara Barquinero escribe poesía, narrativa e teatro, en canto a literatura se refire. Na súa faceta investigadora e académica, participa en congresos, simposios, prologa libros, escribe artigos e outras publicacións filosóficas.[9][4]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2016: Premio ensayo Valores Universales da Fundación Unir.
  • 2017: Premio Virginia Woolf de relato en lengua inglesa.
  • 2018: Premio do IAJ de creación artística e tecnolóxica na modalidade de literatura.
  • 2019: Premio Voces Nuevas de poesía da Editorial Torremozas.