Sardiñada
A sardiñada é un costume culinario da cociña galega (orixinario na provincia de Lugo) no que se cociñan sardiñas (Sardina pilchardus) asadas ao ar libre. Adóitanse arranxar e servir nas romarías galegas en homenaxe a San Bertomeu (24 de agosto) .[1] Tamén nas celebracións equinociais relativas á noite de San Xoán.[2] Adóitanse facer asadas nunha grella no chan ou nunha churrasqueira.
Sérvense en xantares colectivos (denominados sardiñada popular) sempre con carácter festivo (asociadas a unha celebración, ou festividade) e se acompañan de pan de millo e pementos de Herbón. É costume que sexan servidas en horas nocturnas, entre a noitiña e o alborar. As sardiñadas a partir do século XX comenzan a se realizar nalgunhas partes do interior de España.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jorge-Víctor Sueiro, Amparo Nieto, (1992), Galicia, romería interminable, Primera Edición, Acción Divulgativa, páx. 268
- ↑ Manuel Medina González, (2007), Los misterios de la noche de San Juan, Barcelona, Plaza & Janés, ISBN 8401379768
- ↑ María Ángeles Sánchez, (1998), Las fiestas populares: España día a día, Madrid, Primera Edición, aeva Ediciones S A,
- ↑ César de la Lama, (1988), Viaje por la España del mar, Madrid, Ed. Kaydeda, Páxina 146