Sarojini Naidu
Sarojini Naidu, nada como Sarojini Chattopadhyay en Hyderabad o 13 de febreiro de 1879 e finada en Lucknow o 2 de marzo de 1949, tamén coñecida polo sobrenome do Rousinol da India, foi unha activista pola independencia da India e poeta.[1] Naidu foi a primeira gobernadora das Provincias Unidas de Agra e Oudh entre 1947 e 1949; sendo a primeira muller que estivo á fronte dun goberno naquel país.[2][3] Tamén foi, en 1925, a segunda muller en presidir o Congreso Nacional Indio, e a primeira muller india ao facelo.[4][5] Como poeta destacou como unha dos mellores poetas líricos da época, escribindo en inglés.[6]
Carreira literaria
[editar | editar a fonte]Naidu empeza a escribir con doce anos cunha obra en persa, Maher Muneer, que impresionou ao Nawab de Hyderabad.
En 1905 publícase a súa primeira colección de poemas, titulada "The Golden Threshold".[7] Os seus poemas foron apreciados por prominentes figuras políticas como Gopal Krishna Gokhale.
A súa colección de poemas, titulada "The Feather of The Dawn" foi editada postumamente en 1961 pola súa filla Padmaja.[8]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]O asteroide 5647 Sarojininaidu, descuberto por Eleanor Helin, no Observatorio Palomar en 1990, recibiu ese nome na súa homenaxe.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Colors of India". First Woman Governor of a State in India. Consultado o 25 de marzo de 2012.
- ↑ Jesudasen, Yasmine (2006). "Sarojini Naidu". Voices of Freedom Movement. Sura Books. pp. 53–54. ISBN 978-81-7478-555-8. Consultado o 13 de febreiro de 2014.
- ↑ Agrawal, Lion M. G. (2008). "Indian National Congress and Indian Women". Freedom fighters of India 4. Gyan Publishing House. p. 143. ISBN 978-81-8205-472-1. Consultado o 13 de febreiro de 2014.
- ↑ Paranjape, Makarand R. (2010). "Chronology". Sarojini Naidu. Rupa & Company. ISBN 978-81-291-1580-5. Consultado o 13 de febreiro de 2014.
- ↑ "President of the Indian National Congress accessdate=13 de febreiro de 2014".
- ↑ Diccionario de las mujeres célebres, páx. 200. A. Jourcin i Ph Van Tieghem. 1970<
- ↑ Sarkar, [editors], Amar Nath Prasad, Bithika (2008). Critical response to Indian poetry in English. Nueva Delhi: Sarup & Sons. p. 11. ISBN 978-81-7625-825-8.
- ↑ "Family of Naidu".
- ↑ "JPL Small-Body Database Browser: 5647 Sarojininaidu (1990 TZ)". Jet Propulsion Laboratory. Consultado o 17 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sarojini Naidu ![]() |
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Sarojini Naidu |