Satyrus actaea
Satyrus actaea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Satyrus actaea | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A Satyrus actaea é unha especie de lepidóptero pertencente á familia Nymphalidae, subfamilia Satyrinae e xénero Satyrus.
Denominación
[editar | editar a fonte]Foi nomeada Satyrus actaea por Eugen Johann Christoph Esper en 1780.
Sinónimos: Papilio actaea Esper, 178, Hipparchia actaea [Otakar Kudrna].
Descrición
[editar | editar a fonte]É de cor marrón máis ou menos escurecida cunha discreta banda máis clara, e un gran ocelo marrón con pupila en branco no ápice das ás anteriores.
O dorso das ás anteriores é parecido con diferentes tons de marróns que forman unha ornamentación variable.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Período de voo e hibernación
[editar | editar a fonte]Univoltina, voa en única xeración entre comezo de xuño e finais de agosto.[1]
Plantas hospedeiras
[editar | editar a fonte]As súas plantas hóspedes son dos xéneros Brachypodium e Bromus.[2]
Ecoloxía e distribución
[editar | editar a fonte]Está presente unicamente no sur-oeste de Europa, polo norte de Portugal, España e en Francia.[1][3]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ec/Satyrus_actaea_distribution.png/275px-Satyrus_actaea_distribution.png)
En Francia está presente nos departamentos mediterráneos, en Pireneos Orientais en Alpes Marítimos e até un límite norte activo de Puy-de-Dôme a Altos Alpes.[4]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Reside en escarpados rochosos herbosos, secos e densos, en cotas baixas con rocas e maleza e con árbores dispersas.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 ISBN 978-2-603-01649-7
- ↑ funet
- ↑ "butterfly guía". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ lepinet
- ↑ Tolman e Lewington - 1997
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte, Delachaux y Niestlé, Tom Tolman, Richard Lewington, ISBN 978-2-603-01649-7
- Lionel G. Higgins y Norman D. Riley (1988). Guía de las mariposas de Europa. Delachaux y Niestlé (Lausana).