Schoutedenapus myoptilus
Schoutedenapus myoptilus Salangana de Schouteden | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888) | |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Schoutedenapus myoptilus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas),[2]
É a única do monotípico xénero Schoutedenapus.[3][4][5]
Porén, algúns autores consideran no xénero dúas especies:[6][7]
- Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888)
- Schoutedenapus schoutedeni (Prigogine, 1960)
Nota: Véxase máis abaixo, en Variacións taxonómicas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1888 polo médico e naturalista italiano, Tommaso Salvadori, que quizais foi o ornitólogo italiano máis importante de todos os tempos, co nome de Cypselus myoptilus,[5][8][9][10] en Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova 26: 228.[8]
Variacións taxonómicas
[editar | editar a fonte]Posteriormene foi reclasificada dentro do xénero Schoutedenapus, descrito en 1968 por Antoon De Roo.[11][12]
Anteriormente foi considerada outra especie dentro do xénero, Schoutedenapus schoutedeni, pero demostrouse que era unha forma xuvenil ou subadulta, da subespecie de Schoutedenapus myoptilus, a S. m. chapini.[5][13][14]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]A do xénero, Schoutedenapus, está formado pola unión dos elementos Schouteden-, e -apus. O primeiro é o apelido do explorador e zoólogo belga Henri Schouteden (1881-1972), ao que o seu compatriota De Roo o honrou, e o segundo, deriva do xénero Apus.[15]
O epíteto específico, myoptilus, formouse pola unión dos elementos myo-, e -ptilus ambos os dous tirados do grego antigo: μῦς, μυός, mỹs, myós, "rato", e πτίλον, ptílon, "pluma", respectivamente.[16] Literalmente: "de plumaxe semellante ao pelo dun rato".
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Subespecies
[editar | editar a fonte]O Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, establece na actualidade (2019) a seguinte clasificación da especie, coas subespecies que se indican:[3][5]
- Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888)
- Schoutedenapus myoptilus myoptilus (Salvadori, 1888)
- Schoutedenapus myoptilus poensis (Alexander, 1903)
- Schoutedenapus myoptilus chapini (Prigogine, 1957)
Características
[editar | editar a fonte]Esta especie é unha das salanganas menos coñecidas, só se estudaron cinco individuos, e nunca se observou no campo.
Trátase dunha salangana de tamaño medio, cunha lonxitude corporal de 16,5 a 17 cm de lonxitude, e cun peso de 25 a 30 g. A súa plumaxe é gris uniforme ou parda amourada. As ás son longas, estreitas e rematadas en punta, como as de todas as salanganas. A cola está profundamente bifurcada, pero en voo adoita estar pechada.[5]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]A especie ten o seu hábitat en zonas rochosas (acantilados, cumios de montañas), bosques e terras baixas húmidas.[1][5]
Distribución
[editar | editar a fonte]A súa área de distribución inclúe amplas zonas de África central e meridional, encontrándose en Angola, Burundi, Camerún, Guinea Ecuatorial, Kenya, Malawi, Mozambique, República Democrática do Congo, Ruanda, Sudán, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabwe, chegando polo norte até Etiopía. Tamén visita Sudán do Sur, aínda que non aniña neste país.[1][5]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de dispersión moi grande e que a as súas poboacións parecen estábeis (aínda que non se verificou o seu tamaño) cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2016): Schoutedenapus myoptilus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 23 de outubro de 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
- ↑ 3,0 3,1 Ver Schoutedenapus na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 22 de outubro de 2019.
- ↑ Hydrochous gigas. Swift waterfall na ADW.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Chantler, P. & Kirwan, G. M. 2019.
- ↑ Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888) no ITIS.
- ↑ Schoutedenapus De Roo, 1968 no IRMNG.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Schoutedenapus myoptilus en Wikispecies.
- ↑ Vencejo de Shoa. Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888) en AviBase.
- ↑ Ver Apodidae en Zoonomen.
- ↑ Schoutedenapus De Roo, 1968 no ITIS.
- ↑ Schoutedenapus en All Birds Wiki.
- ↑ Fishpool, L. D. C. (2019). "A reappraisal of Schouteden's Swift". Bulletin of the African Bird Club 26 (1): 38–57.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Owlet-nightjars, treeswifts, swifts". World Bird List Version 9.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ Schoutedenapus, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ myoptilus, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Vencejo de Shoa. Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888) en AviBase.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Schoutedenapus myoptilus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chantler, Phil (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4.
- Chantler, P. & Kirwan, G. M. (2019): "Scarce Swift (Schoutedenapus myoptilus). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds.) Handbook of the Birds of the World Alive. Volume 5: Barn-Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions.
- Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
- Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.