Scott Bakula
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1954 (70 anos) St. Louis, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Kansas Universidad Estatal de Kansas Jefferson College (en) Kirkwood High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, produtor de cinema, actor de teatro, actor de cinema, actor |
Período de actividade | 1977 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Familia | |
Cónxuxe | Chelsea Field (2009–) Krista Neumann (1981–1995) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Scott Stewart Bakula, nado o 9 de outubro de 1954 en St. Louis, é un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bakula comezou a súa carreira profesional no teatro na obra Shenandoah, realizando representacións nocturnas en Carolina do Norte, protagonizou o musical de Broadway Romance/Romance en 1988, pero fíxose coñecido pola súa interpretación de Sam Beckett na serie de televisión Quantum Leap (1989-1993), pola que gañou un Premio Globo de Ouro en 1991 e foi candidato a catro Emmy. Tamén é salientable o seu papel do capitán Jonathan Archer en Star Trek: Enterprise. Protagonizou en 1996 a serie de curta duración Mr. & Mrs. Smith e tivo papeis recorrentes en series como Murphy Brown, Designing Women, The New Adventures of The Old Christine ou Roseanne e apareceu en filmes como American Beauty ou Mercy Mission entre outros. Desde 2009 aparece na serie Men of a Certain Age da TNT, e ocasionalmente na da NBC Chuck como Stephen Bartowski.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scott Bakula |