Saltar ao contido

Partido Nacional Escocés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Scottish National Party»)
Partido Nacional Escocés
Scottish National Party (SNP)
Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba
Partido político de Escocia
Dirixentes e organización
LíderJohn Swinney
MocidadesYoung Scots for Independence
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
Fundación7 de abril de 1934
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo escocés[1][2][3][4]
Independentismo escocés[5]
Socialdemocracia[6][7][8]
Rexionalismo[9][10]
Europeísmo[11]
Centro-esquerda[12][13][14]
Representación
Cámara dos Comúns (escanos escoceses)
44 / 59
Parlamento escocés
64 / 129
Gobernos locais
399 / 1.227
Outros datos
SedeGordon Lamb House, 3 Jackson's Entry
Edimburgo
EH8 8PJ
Na rede
www.snp.org
Twitter: theSNP Editar o valor en Wikidata

O Partido Nacional Escocés (en scots: Scots National Pairty, en escocés: Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba, ou tamén coñecido como SNP) é un partido político escocés de carácter nacionalista e socialdemócrata. O Partido Nacional Escocés apoia e fai campaña a prol da independencia de Escocia dentro da Unión Europea,[9][15][16] cunha plataforma baseada no nacionalismo cívico.[17][18] O Partido Nacional Escocés é o terceiro meirande partido político do Reino Unido, logo do Partido Laborista e o Partido Conservador, e é o meirande partido político de Escocia, onde ten a maioría dos asentos do Parlamento escocés e 44 dos 59 escanos escoceses na Cámara dos Comúns de Westminster. A líder do Partido Nacional Escocés é Nicola Sturgeon, quen exerce como Primeiro ministro de Escocia dende o 20 de novembro de 2014.

Fundouse en 1934 trala fusión do Partido Nacional de Escocia co Partido Escocés, tendo como primeiros presidentes nunha presidencia conxunta a James Graham, 6º duque de Montrose e a Cunninghame Graham. O primeiro secretario xeral do partido foi Alexander MacEwen. Douglas Young, que foi líder do Partido Nacional Escocés entre 1942 e 1945, fixo campaña en contra do recrutamento obrigatorio e as súas actividades foron vilipendiadas por menoscabar o esforzo de guerra británico contra as potencias do Eixe. Young foi encarcerado por negarse a ser recrutado.

O SNP gañou por primeira vez un escano parlamentario polo distrito de Motherwell en 1945, pero o deputado Robert McIntyre perdeu o asento nas eleccións xerais tres meses despois. Despois conseguiron un escano en 1967, cando Winnie Ewing foi o gañador por sorpresa no distrito de Hamilton, feudo laborista. Isto deu protagonismo nacional ao SNP, levando á creación da Comisión Kilbrandon.

O partido logrou unha gran subida de votos nas eleccións xerais de outubro de 1974, obtendo case un terzo dos votos en Escocia e metendo 11 deputados en Westminster. Con todo, o partido experimentou unha gran caída nas eleccións xerais de 1979, seguida dunha nova caída nas eleccións de 1983. O éxito das eleccións xerais de outubro de 1974 non se superou ata as eleccións xerais de 2015.

Nas eleccións ao Parlamento escocés de 2007, o SNP foi o maior partido obtendo 47 escanos (superando ao Partido Laborista Escocés con 46 escanos) e Alex Salmond converteuse no primeiro ministro escocés. O Partido Verde Escocés apoiou a elección de Salmond como primeiro ministro e os seus posteriores nomeamentos de ministros, a cambio da presentación anticipada do proxecto de lei sobre o cambio climático e o nomeamento dun deputado verde para presidir unha comisión parlamentaria.[19]

En maio de 2011, o SNP gañou a maioría absoluta no Parlamento escocés con 69 escanos. Isto foi un logro significativo, xa que o sistema de membro adicional usado nas eleccións ao Parlamento escocés foi deseñado especificamente para evitar que un partido obtivese maioría absoluta.[20] Con este resultado o SNP promoveu a realización do referendo de independencia de Escocia de 2014. Tras unha dura campaña gañou o "non" á independencia cun resultado de 55-45% e o primeiro ministro Alex Salmond dimitiu.[21]

Con todo, a perda do referendo non afectou aos resultados electorais do partido. Nas eleccións xerais do Reino Unido de maio de 2015, o partido agora liderado pola sucesora de Salmond, Nicola Sturgeon, pasou de ocupar seis escanos na Cámara dos Comúns a 56, a maioría deles a costa do Partido Laborista. Todas excepto tres das cincuenta e nove circunscricións do país elixiron un candidato do SNP.

Nas eleccións ao Parlamento escocés de 2016, o SNP perdeu 6 escanos, perdendo a súa maioría absoluta, pero conservando o goberno, por terceiro mandato consecutivo. Nas eleccións xerais do Reino Unido de 2017, o SNP tivo uns resultados inferiores aos esperados e perdeu 21 escanos, reducíndose o número de deputados en Westminster a 35. A situación de bloqueo ocasionada polo proceso do Brexit, levou a novas eleccións en decembro de 2019 e o SNP volveu lograr un dos seus mellores resultados, ao gañar 48 dos 59 escanos correspondentes a Escocia.[22]

Evolución do voto

[editar | editar a fonte]

Eleccións ao Parlamento Escocés

[editar | editar a fonte]
Ano Líder Porcentaxe

distritos

Porcentaxe

membro adicional

Representantes Diferenza
1999 Alex Salmond 28.7% 27.3% 35 parlamentarios -
2003 John Swinney 23.7% 20.9% 27 parlamentarios 8
2007 Alex Salmond 32.9% 31.0% 47 parlamentarios 10
2011 45.4% 44.0% 69 parlamentarios 22
2016 Nicola Sturgeon 46.5% 41.7% 63 parlamentarios 6
  1. Hassan, Gerry (2009). The Modern SNP: From Protest to Power. Edinburgh University Press. pp. 5, 9. 
  2. Christopher Harvie (2004). Scotland and Nationalism: Scottish Society and Politics, 1707 to the Present. Psychology Press. ISBN 978-0-415-32724-4. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  3. "Scottish National Party | History, Policy, & Leader". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  4. "Will there be another independence referendum?". Consultado o 25 de setembro de 2020. 
  5. The, SNP. "How can the SNP support membership of the EU alongside independence?". Consultado o 26 de outubro de 2020. 
  6. "About Us". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  7. Eve Hepburn (18 de outubro de 2013). New Challenges for Stateless Nationalist and Regionalist Parties. Routledge. p. 9. ISBN 978-1-317-96596-1. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  8. Bob Lingard (24 de xullo de 2013). Politics, Policies and Pedagogies in Education: The Selected Works of Bob Lingard. Routledge. p. 120. ISBN 978-1-135-01998-3. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  9. 9,0 9,1 Frans Schrijver (2006). Regionalism After Regionalisation: Spain, France and the United Kingdom. Amsterdam University Press. pp. 261–290. ISBN 978-90-5629-428-1. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  10. Lynn Bennie (2017). "The Scottish National Party: Nationalism for the many". En Oscar Mazzoleni; Sean Mueller. Regionalist Parties in Western Europe: Dimensions of Success. Taylor & Francis. pp. 22–41. ISBN 978-1-317-06895-2. 
  11. "Anti-Brexit feeling expected to help SNP in European elections". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2019. Consultado o 15 de maio de 2019. 
  12. Ari-Veikko Anttiroiko; Matti Mälkiä (2007). Encyclopedia of Digital Government. Idea Group Inc (IGI). p. 398. ISBN 978-1-59140-790-4. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  13. Josep M. Colomer (25 de xullo de 2008). Political Institutions in Europe. Routledge. p. 26. ISBN 978-1-134-07354-2. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  14. Ibpus.com; International Business Publications, USA (1 de xaneiro de 2012). Scotland Business Law Handbook: Strategic Information and Laws. Int'l Business Publications. p. 29. ISBN 978-1-4387-7095-6. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  15. Michael O'Neill (22 de maio de 2014). Devolution and British Politics. Routledge. p. 92. ISBN 978-1-317-87365-5. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  16. Gallardo, Cristina (27 de novembro de 2019). Politico, ed. "Scottish National Party's manifesto explained". Londres. Consultado o 4 de maio de 2020. The SNP wants Scotland to become an independent country and stay in the European Union. 
  17. Mitchell, James; Bennie, Lynn; Johns, Rob (2012). The Scottish National Party: Transition to Power. Oxford University Press. pp. 107–116. 
  18. Keating, Michael (2009). The Modern SNP: From Protest to Power, ed. Nationalist Movements in Comparative Perspective. Edinburgh University Press. pp. 214–217. 
  19. "SNP and Greens sign working deal". BBC (en inglés). 11 de maio de 2007. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  20. "SNP wins majority in Scottish elections" (en inglés). 6 de maio de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  21. "Alex Salmond resigns as first minister after Scotland rejects independence" (en inglés). 19 de setembro de 2014. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  22. "El SNP gana las elecciones en Escocia y refuerza su demanda de un referéndum" (en castelán). 13 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brand, Jack, The National Movement in Scotland, Routledge e Kegan Paul, 1978
  • Brand, Jack, 'Scotland', in Watson, Michael (ed.), Contemporary Minority Nationalism, Routledge, 1990
  • Winnie Ewing, Michael Russell, Stop the World; The Autobiography of Winnie Ewing Birlinn, 2004
  • Richard J. Finlay, Independent and Free: Scottish Politics and the Origins of the Scottish National Party 1918–1945, John Donald Publishers, 1994
  • Hanham, H.J., Scottish Nationalism, Harvard University Press, 1969
  • Christopher Harvie, Scotland and Nationalism: Scottish Society and Politics 1707 to the Present, Routledge (4th edition), 2004
  • Gerry Hassan (ed.), The Modern SNP: From Protest to Power, Edinburgh University Press, 2009, ISBN 0748639918
  • Lynch, Peter, SNP: The History of the Scottish National Party, Welsh Academic Press, 2002
  • John MacCormick, The Flag in the Wind: The Story of the National Movement in Scotland, Victor Gollancz Ltd, 1955
  • Mitchell, James, Strategies for Self-government: The Campaigns for a Scottish Parliament, Polygon, 1996
  • Mitchell, James, Bennie, Lynn e Johns, Rob, The Scottish National Party: Transition to Power, Oxford University Press, 2011, ISBN 0199580006
  • Mitchell, James e Hassan, Gerry (eds), Scottish National Party Leaders, Biteback, 2016.
  • Jim Sillars, Scotland: the Case for Optimism, Polygon, 1986
  • William Wolfe, Scotland Lives: the Quest for Independence, Reprographia, 1973

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]