Saltar ao contido

Sebastopol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sebastópol»)
Modelo:Xeografía políticaSebastopol
Севастополь (ru) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

HimnoLegendary Sevastopol (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

AlcumeСевас e Севас Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°36′18″N 33°31′21″L / 44.605, 33.5225
Territorio reivindicado porUcraína e Resolução 68/262 da Assembleia Geral das Nações Unidas (pt) Traducir e Rusia Editar o valor en Wikidata
EstadoRusia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Sevastopol Gradonachalstvo (en) Traducir (1873 (Xuliano)–1917)
Sevastopol Gradonachalstvo (en) Traducir (–1920) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación485.386 (2022) Editar o valor en Wikidata (562,05 hab./km²)
Lingua oficiallingua ucraína (lingua oficial)
lingua rusa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie863,6 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Negro Editar o valor en Wikidata
Altitude15 m-100 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1783 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porRepública da Crimeia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1854Cerco de Sebastopol (1854-1855) (pt) Traducir
30 de outubro de 1941Cerco de Sebastopol (pt) Traducir
década de 2020Sevastopol attacks (2022–present) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Governor of the City of Sevastopol (en) Traducir Editar o valor en WikidataMikhail Razvozhayev (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoSevastopol Municipality (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal99000–99699 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0692 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UA-40 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websevastopol.gov.ru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX459380

Sebastopol[1] (en ucraíno e rusoСевастополь, tr. "Sevastopol"; en tártaro de CrimeaAqyar) é unha cidade situada na península de Crimea. Ten 379.200 habitantes (2007), na súa maioría rusos (71,6 %), seguidos dos ucraínos (22,4 %). É un importante porto do Mar Negro. Conta cunha base naval de utilización conxunta para a Mariña Rusa e a Mariña Ucraína. A súa situación política é disputada entre Rusia e Ucraína. Rusia goberna a cidade baixo o status de cidade federal, limitando coa República de Crimea. Pola súa parte o goberno de Ucraína estende as súas reclamacións sobre a cidade tamén ao resto da península de Crimea.

A cidade fundouse en 1783 ao anexionar Rusia a península de Crimea, pola súa posición estratéxica converteuse nunha importante base naval e máis tarde nun porto comercial. En 1797 a cidade pasou a se denominar Akhtiar, nome dun asentamento tártaro nas súas proximidades, en 1826 a cidade recuperou o seu nome actual. Sebastopol foi teatro de operacións en diferentes conflitos bélicos, permaneceu asediada durante once meses (1854-1855) durante a Guerra de Crimea, foi sede dende 1918 ata 1920 do cuartel xeral do Exército Branco baixo o mando de Piotr Nikolaievich Wrangel e na segunda guerra mundial sufriu o asedio alemán durante 250 días (1941-1942) que aniquilou a gran parte da poboación. Durante a época da Unión Soviética Sebastopol foi unha cidade pechada, dependente directamente das autoridades centrais.

Incorporación a Rusia

[editar | editar a fonte]
Momento da sinatura da anexión da República de Crimea e Sebastopol á Federación Rusa.

En marzo de 2014, despois do Referendo de Crimea de 2014, a cidade de Sebastopol xunto coa recentemente creada República de Crimea, solicitaron a súa incorporación á Federación Rusa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]