Saltar ao contido

Selección de fútbol do País Vasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
País Vasco
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Federación Vasca de Fútbol
Confederación
Código FIFA Non recoñecida pola FIFA
Alcume Euskal selekzioa (2009-)
Euskal Herria (2007)
Euskadi (1937-2006, 2008)
Clasificación FIFA
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador José María Amorrortu
Mikel Etxarri
Máis encontros Igor Gabilondo (12), Julen Guerrero (12), Joseba Etxeberria (11)
Máximo goleador Julen Guerrero (6)
Estrea internacional
País Vasco 1 - 0 Cataluña Cataluña

Barcelona; 8 de xuño de 1930

Maior vitoria
País Vasco 11 - 1 Dinamarca Dinamarca

Copenhaguen, Dinamarca - 29 de agosto de 1937

Maior derrota
País Vasco 1 - 5 Hungría Hungría

Vitoria; 3 de agosto de 1980

A selección de fútbol do País Vasco (en éuscaro: Euskal Herriko futbol selekzioa) é un equipo de carácter non oficial organizado pola Federación Vasca de Fútbol, a entidade privada sen ánimo de lucro que xestiona o fútbol no ámbito do País Vasco. A selección acolle a xogadores de todos os territorios vascos, nados na Comunidade Autónoma Vasca, en Navarra ou no País Vasco francés.

Carece de recoñecemento por parte da FIFA, pois os seus estatutos (artigo 10) estipulan que para que unha selección poida participar en competicións internacionais oficiais debe ou ben representar a un estado independente ou ter autorización expresa da federación do país correspondente (neste caso da Federación Española de Fútbol).[1] É por este motivo que só disputa partidos amigábeis.

Durante a Segunda República xogou baixo as denominacións de Vasconia e Euzkadi. Trala caída do franquismo levou os nomes de "selección de Euzkadi" ou "de Euskadi". En 2007 cambiou a súa denominación a "selección de Euskal Herria"[2](en éuscaro Euskal Herriko Selekzioa), retomando en 2008, non sen polémica, o antigo nome de "selección de Euskadi".

  1. "Estatutos da FIFA" (PDF). FIFA. 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2010. Consultado o 11 de marzo de 2011. 
  2. Nova en "El Diario Vasco" sobre o cambio de nome promovido pola Federación Vasca