Semónides de Amorgos
Nome orixinal | (grc) Σημωνίδης ὁ Ἀμοργῖνος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VII a. C. Samos, Grecia |
Morte | século VI a. C. |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Período de actividade | (Con vida en: século VII a. C. ) |
Xénero artístico | Poesía iámbica |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Simónides - ou, máis correctamente, Semónides de Amorgos - (Σημωνίδης ο Αμοργίνος, Illa xonia de Samos, nado no século -VII e finado no século -VI, foi un poeta iámbico grego, considerado, xunto con Arquíloco, o creador da sátira grega, aínda que o obxecto dos seus ataques é máis xeral no caso do primeiro que neste.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na illa de Samos pero, marchou á veciña de Amorgos como dirixente dunha colonia, segundo a Suda.
Escribiu dous libros de iambos ou sátiras e algunhas elexías. Consérvanse deles 29 fragmentos, o máis extenso dos cales é unha sátira misóxina: «O home non pode coñecer bendición máis grande que unha boa esposa, nin peor maldición que unha mala». Afirma das malas mulleres que son sucias como porcos, astutas como raposos, mexericas como cans, tan apáticas como a terra, tan caprichosas como o mar, tan obstinadas como os asnos, tan incontinentes como as donicelas, tan orgullosas como as eguas de puro sangue ou máis feas que un mono; pola contra, as boas mulleres son tan hacendosas e melíferas como as abellas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Juan Manuel Rodríguez Tobal: El ala y la cigarra. Fragmentos de la poesía arcaica griega no épica. Edición bilingüe. Hiperión, Madrid, 2005. (en castelán)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Semónides de Amorgos: Sobre as mulleres.
- Semónides de Amorgos: Iambo das mulleres.
- Textoinglés no sitioArquivado 26 de xuño de 2009 en Wayback Machine. de The Stoa Consortium.
- Comentario del Yambo de las mujeres: en español, en Scribd.
- Textoinglés no sitioArquivado 26 de xuño de 2009 en Wayback Machine. de The Stoa Consortium.
- Textos de Semónides en grego, no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).