Saltar ao contido

Semenkhkare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSemenkhkare

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIV a. C. Editar o valor en Wikidata
Morte1334 a. C. Editar o valor en Wikidata
Amarna, Exipto Editar o valor en Wikidata
Faraón
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigo Exipto, Imperio Novo de Exipto e Dinastía XVIII de Exipto Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía XVIII de Exipto Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMeritaten Editar o valor en Wikidata
FillosMeritaten Tasherit Editar o valor en Wikidata
PaisAmenofis III Editar o valor en Wikidata  e Tiy Editar o valor en Wikidata
IrmánsBeketaten
Iset
Nebetah
Henuttaneb
A dama nova
Sitamón
Akhenatón
Thutmose Editar o valor en Wikidata

Ankhkheprure Semenkhkare,[1] ou Semenkhkare,[2] foi o máis breve e escuro faraón da dinastía XVIII de Exipto, que gobernou de c. -1338/6 a -1336/5.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Parece ser que o seu nome de coroación foi Ankh-Kheperu-Ra, e o seu nome de nacemento Se-Men-Ekh-Ka-Ra Dyeser-Kheperu, pero hai tantos datos confusos que quizais esteamos ante unha das equivocacións máis grandes da historia da arqueoloxía e sexa confundindo cun, ou mesmo con máis personaxes, do difícil e máis orixinal período da historia de Exipto: a época de Amarna.

Semenkhkare aparece a finais do reinado de Akhenatón, convertido en correxente deste rei e sendo o seu sucesor durante un breve e indeterminado período de tempo. Con todo, non se sabe case nada del, e hai varias teorías acerca da súa identidade. As dúas con máis forza son:

  • Semenkhkare era un fillo do rei Amenhotep III e dunha das súas grandes esposas reais, ou ben Tiy ou ben Sitamón. Era, xa que logo, irmán de Akhenatón (Akenatón) e seguindo esta teoría, tamén de Tutankhamón. A el pertencería o corpo achado na famosa tumba KV55, a tumba exipcia que máis ríos de tinta fixo correr (á parte da de Tutankhamón), cuxa momia ten a mesma complexión e tipo de sangue que a deste último.
  • Semenkhkare non era un home, senón unha muller. Dado que por aquel entón as mulleres máis próximas á familia real despareceran, a candidata máis firme a ser Semenkhkare sería a raíña Nefertiti (en ningún momento dise que morrese), que como Hatshepsut anos antes, tomaría aparencia e títulos masculinos. Segundo esa teoría, o corpo da tumba KV55 sería entón o de Akhenatón.

Esta última teoría cobrou nos últimos anos máis adeptos, pois os estudos sobre a momia da tumba KV55 demostraron que o corpo era dun home, non duns 25 anos, senón de máis de trinta anos, o que correspondería con Akhenatón. Ademais, non hai nin unha soa mención dun príncipe chamado Semenkhkare, e moitos dos títulos que tiña Nefertiti (consultar Neferneferuatón) foron herdados por Semenkhkare, o que significaría que serían a mesma persoa. Porén, aínda non hai nada seguro e, á espera de novos descubrimentos, hai que seguir contemplando estas dúas posibilidades.

O ronsel da correxencia atopouse en Tell el-Amarna e presentaba tres figuras cos seus nomes: Akhenatón, Nefertiti, e a princesa Merytaten a moza. Un estudo máis a fondo obrigou a cambiar os nomes: Nefertiti substituíuse por Ankhkheperure Neferneferuaton, e o de Merytaten polo de Ankhesenpaaten; pero isto non permite asegurar, nin moito menos, nada definitivo sobre unha eventual correxencia de Nefertiti baixo o nome de Semenkhkare (o nome de trono do cal recordamos que foi Ankhkheperura).

Un dos datos a favor de que Semenkhkare fose home era que tiña a súa grande esposa real, que era a primoxénita do rei, Meritatón, herdeira lexítima do trono a falta de homes, filla de Merytaten, nacida cando estaba casada con Akhenatón, pero antes de ser nomeada "Gran Esposa Real". Non tería moito sentido que nai e filla casasen ritualmente pero, dado que todas as raíñas-faraóns anteriores a Nefertiti foran de liñaxe real e non necesitaran lexitimar a súa función, quizais este matrimonio simbólico fose feito para xustificar o ascenso de Nefertiti, que non era filla de faraóns, ao trono.

O lugar de herdeira feminina foi ocupado pola súa irmá Ankhesenpaten, que casou (ou estaba casada) co mozo Tutankhamón.

Tamén se quixo ver unha clara relación afectiva entre Akhenatón e a súa rexente. Ideas dunha posible bisexualidade do rei non terían ningún sentido se se demostrase que Semenkhkare non era máis que a "esposa" por excelencia do rei; de aí o título último de Semenkhkare: Amado de Akhenatón.

Ignórase cal foi a postura de Semenkhkare en canto á difícil situación que atravesaba o país: Akhenatón prohibira, e mesmo condenara, o culto a calquera deus que non fose Atón ou polo menos Ra, as fronteiras estaban debilitándose a pasos axigantados, os hititas ameazaban conquistar o territorio exipcio, a pobreza aumentaba... Quizais sexa unha pista que o nome de Semenkhkare non incluíse o nome de Atón senón o de Ra, e que o rexente, vendo que a situación fora moi lonxe, se expuxese a devolver as augas ao seu rego.

Parece ser que cando morreu Akhenatón houbo un tempo no que Semenkhkare reinou en solitario. Pensouse que chegou mesmo a manter conversacións co clero de Amón. No seu terceiro ano de rexencia, Semenkhkare escribiu a un sacerdote de Amón de Tebas suxerindo que non querería ser enterrado en Amarna senón no Val dos Reis. É moi probable que non tivese fe na crenza do seu probable pai Akhenaton e é posible que mesmo se expuxese a deixar para sempre o soño de Akhenatón e regresar con toda a corte a Tebas. Sexa como for, o reinado de Semenkhkare foi moi breve e aproximadamente nun ano e medio desaparecera por completo da historia e con el, a grande esposa real Meritatón. Había un novo rei, o neno Tutankhamón, que sería o fillo de Akhenatón e dunha esposa secundaria de nome Kiya.

Os fieis á teoría de Nefertiti-Semenkhkare quixeron ver na falta de datos sobre o reinado do fantasmal rexente o eco dunha gravísima traizón, coñecida como o caso de Dahamunzu, segundo o cal Nefertiti pediría en matrimonio a un príncipe hitita. A conxura foi descuberta e a traidora debidamente eliminada. Con todo, unha vez máis, o misterio segue rodeando todo isto. Haberá que esperar algún tempo máis ata que os suxestivos nomes de Akhenatón, Nefertiti, Semenkhkare, Meritatón e Tutankhamón nos dígan algo máis.

Titulatura

[editar | editar a fonte]
N5S34L1Z2s

ˁnḫ ḫpr.u rˁ (Ankhkheperura)
Vivente manifestación de Ra

N5S34L1Z3N36
N5
wa
n

ˁnḫ ḫpr.u rˁ mr uˁ n rˁ (Ankhkheperura Meryuaenra)
Vivente manifestación de Ra, amado de Ra, o Único

N5S34L1Z3N36
N5
F35L1Z3

ˁnḫ ḫpr.u rˁ mr nfr ḫpr.u rˁ (Ankhkheperura Meryneferkheperura)
Viva manifestación de Ra, amado de Ra, fermosa manifestación de Ra

N5z
U22 D28
D45L1Z3

s mnḫ k3 rˁ ḏsr ḫpr.u (Semenekhkara Dyeserkheperu)
Vigoroso é o espírito (Ka) de Ra, de santas manifestacións

it
n
N5
F35F35F35F35N36
wa
N5
n

nfr nfr.u itn mr uˁ n rˁ (Neferneferuaton Meryuaenra)
Magnífica é a beleza de Atón, amado de Ra, o Único

it
n
N5
F35F35F35F35G25Aa1
 
N5 Z1
N36
n

nfr nfr.u itn mr 3ḫ n itn (Neferneferuaton Meryakhenaton)
Magnífica é a beleza de Atón, amado de Ra, resplandor de Atón

  1. Ankhkheprure Semenkhkare é a transcrición do seu nome de trono e de nacemento, segundo as convencións académicas.
  2. Semenkhkare é a transcrición do seu nome de nacemento, moi utilizado en textos académicos. Nome do faraón segundo os epítomes de Manetón:
    Acenkeres (Flavio Xosefo, Contra Apión).
    Akrenkheres (Flavio Xosefo, de Teófilo).
    Akerres (Xulio Africano, versión de Sincelo).
    Akerres (Eusebio de Cesarea, versión de Sincelo).
    Akerres (Eusebio de Cesarea, versión armenia).
    Outras grafías do seu nome: Ankheperura, Ankheperure, Ankhkheperura, Ankhkheperure, Djeserkheperu, Djeserkheperura , Djeserkheperure, Meriakhenaton, Merireneferkheperura, Meryreneferkheperure, Nefertiti (?), Saakara, Saakare, Sakera, Sakere, Semenekhkara, Semenekhkare, Semenkara, Semenkare, Semenkhara, Semenkhare.
  3. Cronoloxía segundo von Beckerath, Grimal, Shaw, e Málek.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Akhenatón (Amenofis IV)
Faraón
Dinastía XVIII
Sucesor:
Tutankhamon