Sen novas de Gurb
Sen novas de Gurb | |
---|---|
Título orixinal | Sin noticias de Gurb |
Autor/a | Eduardo Mendoza |
Cuberta | Francis Closas |
Orixe | Cataluña |
Lingua | castelán |
Colección | Biblioteca Breve |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Seix Barral 2.0 editora |
Data de pub. | 1990 2010 |
Formato | Tapa branda con lapelas |
Páxinas | 142 134 |
ISBN | 978-84-322-0640-5 978-84-937579-1-5 |
Precedido por | La isla inaudita |
Seguido por | El año del diluvio |
Tradución | Antón Lado |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sen novas de Gurb é unha novela en lingua castelá de Eduardo Mendoza, co título orixinal de Sin noticias de Gurb. Apareceu por entregas no xornal El País, e foi publicada en 1991 por Seix Barral. Foi traducida ao galego por Antón Lado e publicada en 2010 por 2.0 editora. Amais, traduciuse ao inglés, francés, alemán, italiano, dinamarqués, romanés, polonés, búlgaro e esperanto.
Trama
[editar | editar a fonte]Dous alieníxenas son enviados ao planeta Terra, e aterran preto de Barcelona. Un deles, Gurb, toma a aparencia da cantante galega Marta Sánchez e dedícase a investigar a vida humana. Porén, pérdese e non lle dá novas ao seu xefe (o narrador), que marcha explorar a cidade pola súa conta. Nun principio toma a imaxe do Conde-Duque de Olivares, e vai mudando a aparencia segundo as circunstancias, modificando de forma improvisada os obxectivos da misión.
Así, mentres anda na procura de Gurb, vai coñecendo a vida da cidade e dos seus habitantes. Nese momento a vila prepárase para os Xogos Olímpicos de 1992, a pesar do cal a cidade está organizada de forma caótica, facendo críticas veladas ás institucións como o Concello, a Generalitat de Cataluña e o Goberno de España. O alieníxena vaise integrando nas incomprensibles e absurdas actividades da vida cotiá. Analiza por exemplo as diferenzas sociais entre xente rica e xente pobre, diferenciando os barrios de San Cosme e Pedralbes. No seu proceso de socialización faise amigo dunha parella maior que rexenta un bar, e faille as beiras a unha veciña.
Atopa a Gurb e pensan en asentarse en Barcelona, pero os seus xefes encoméndanlles a misión de ir a un planeta en Alfa Centauro. Finalmente envían a nave cara a esa galaxia e quedan na cidade, mais Gurb volve desaparecer, rematando cun final aberto.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra está narrada en primeira persoa, en forma de diario. Está escrita cun punto de vista satírico. O escenario é a cidade e a súa vida cotiá, cos seus paradoxos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Narrador: ten vergoña e non lle gusta chamar a atención, o que lle causa problemas cando toma a aparencia de xente famosa co propósito de integrarse na vida social.
- Gurb: é moi diferente ao seu compañeiro, moito máis independente.
- A veciña: unha nai divorciada. O narrador intenta ligar con ela, pero non é correspondido.
- Señor Joaquín e Señora Mercedes: propietarios do bar onde o narrador adoita almorzar. Amigábeis e traballadores.