Saltar ao contido

Marta Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarta Sánchez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Marta Sánchez López Editar o valor en Wikidata
8 de maio de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano lírica Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor en Wikidata

Páxina webmartisima.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0845081 Facebook: MartaSanchezOficial Twitter: Martisima_SoyYo Instagram: martisimasanchez BNE: XX915817 Musicbrainz: 6781af9a-175c-4b27-917d-da89060aa15d Songkick: 120754 Discogs: 866571 Allmusic: mn0000363307 Editar o valor en Wikidata

Marta Sánchez López, nada en Madrid o 8 de maio de 1966, é unha cantante española.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marta Sánchez foi filla do cantante de ópera, Antonio Sánchez, e de Paz López, ambos galegos, e na súa infancia e mocidade viviu na Coruña e pasou os seus veráns en Sanxenxo.

A súa carreira musical iniciouna en 1985 cando finalizou os estudos de bacharelato e entrou a formar parte do grupo Cristal Oskuro no que apenas estivo sete meses. Logo desta primeira experiencia integrouse no grupo Olé, olé como vocalista substituíndo a Vicky Larraz. Foi neste grupo cando chegou á fama grazas á súa versión da canción "Lili Marlene". Tamén tivo outros éxitos como "Bailando sin salir de casa", "Con sólo una mirada", "Mírame bien", "Sola" etc, que foron construíndo un repertorio musical para Sánchez e para o grupo.

O disco 1990 foi o seu proxecto máis ambicioso, con pretensións internacionais; foi producido en parte por Nile Rodgers, famoso polo LP Like a Virgin que fora seis anos antes a catapulta de Madonna ó éxito mundial. O single máis coñecido foi "Soldados del amor", producido por Rodgers. Sánchez permaneceu en Olé Olé ata 1991, cando se rebelou e dixo que as súas cancións lle parecían moi simples e decidiu separarse para prepararse e lanzarse como solista. En 1992 participou na película Supernova.

En solitario

[editar | editar a fonte]

En 1993 lanzou ó mercado o seu primeiro disco en solitario, Mujer, foi número un en varios países latinoamercanos e meteuse nas listas do Hot Latin Track de Estados Unidos. O seu single "Desesperada" tivo moita repercusión, e recibiu o Premio ES (Status Grammys de México) á mellor canción de baile por "Desesperada".

En 1996, participa no LP Voces Unidas (gravacións dos Xogos Olímpicos de 1996), coa canción "Sueños de gloria". Ó final dese ano, gravou un novo single para a canción "Obsession" da película Curdled, en dueto co guitarrista Slash da banda hard rock Guns N' Roses. Fixo traballos ademais con músicos como Andrea Bocelli ou Slash, producironlle traballos Andres Levin e Nile Rodgers, e cantou canda Gloria Gaynor no programa de Televisión Española presentado por Miguel Bosé Séptimo de caballería.

En 1997 publica Azabache, que tivo unha fría acollida en España, pero que gañou varios premios técnicos nos Estados Unidos. En 1998 edita Desconocida. No ano 2000 protagonizou o musical La magia de Broadway (con piano e dirección musical de Alberto Quintero), xunto a artistas como Carlos Marín ou Serafín Zubiri, entre outros.

No 2002 fichou pola discográfica Muxxic Records coa condición de que lle deixasen decidir os temas dos discos, pois nese mesmo ano recoñecera que a anterior compañía, Poligram, non lle daba liberdade para decidir o repertorio nin os singles de lanzamento. Dese ano é o seu disco Soy yo, polo que recibiu o Premio Amigo á mellor solista feminina 2002, e o Premio Ondas ao mellor videoclip polo seu single "Soy yo".

No ano 2004 decidiu sacar coa un recompilatorio dos seus grandes éxitos titulado Lo mejor de Marta Sánchez, seleccionados por ela. Tamén incluía un DVD con todos os seus videoclips agás o de "Arena y sol", do que non se atopaba moi satisfeita. Ademais fixo unha nova versión da canción "Soldados del amor" da súa anterior etapa de Olé, olé, e compuxo a canción "Profundo valor" dedicada á súa falecida irmá xemelga.

No ano 2005 fixo unha xira de varios concertos en España e decidiu sacar un disco gravado na Coruña, o primeiro en directo da súa carreira. O 23 de abril de 2007 presentou un novo álbum de estudio, titulado Miss Sánchez, producido xunto ao ferrolán Carlos Jean. No disco tamén participou Alaska e incluía un dueto dixitalizado co defunto Tino Casal. O novo álbum entrou directamente ao posto nº3 da lista oficial de discos española e ao nº1 na lista española de descargas online, na que obtivo ata catro "certificacións" de ouro nesta nova modalidade. Ese mesmo ano emprende unha xira (a sétima da súa carreira en solitario) por España (Tour Miss Sánchez).

En maio de 2008 fixo de xurado no concurso Gran Quiz da canle Cuatro xunto a Carlos Blanco e Jaume Figueras. En outubro de 2008, colaborou con Carlos Baute nunha canción composta por el e titulada "Colgando en tus manos", que estaba incluída no disco do venezolano De mi propia mano. Esta canción conseguiu ser número un de todas as listas de música españolas: ocupou o número un de 40 Principales durante catro semanas consecutivas e vendeu máis de 400.000 copias. O videoclip foi visto 65 000 000 veces e o tema recibiu o Premio Ondas en 2009 á mellor canción do ano.

A finais de 2010 publicou De par en par, un disco de duetos, no que interveñen o falecido Antonio Vega, Bebe, José Mercé, James Morrison, Emilia de Poret ou Mai, de Nena Daconte. Ten anunciada unha xira de presentación do disco para a primavera de 2011.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Sánchez estivo casada con Jorge Salati, desde 1994 ata 1996. Logo contraeu nupcias novamente con Jesús Cabanas en xullo de 2002 con quen vive ata a data e tivo unha filla de nome Paula, nacida o 1 de agosto de 2003.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con Olé, Olé

[editar | editar a fonte]
  • Bailando sin salir de casa (1986) 50.000 copias vendidas en España. Disco de ouro.
  • Los caballeros las prefieren rubias (1987) 150.000 vendidas en España. Disco de Platino.
  • Cuatro hombres para Eva (1988) 120.000 copias vendidas en España. Disco de Platino
  • 1990 (1990) 250.000 copias vendidas en España. Dobre Disco de Platino.

En solitario

[editar | editar a fonte]
  • Mujer (1993)
  • Mi mundo (1995)
  • Azabache (1997)
  • Desconocida (1998)
  • Los mejores años de nuestra vida (Grandes Éxitos) (2001)
  • Soy yo (20002)
  • Lo mejor de Marta Sánchez (2004)
  • Miss Sánchez (2007)
  • De par en par (2010)

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • Voces Unidas. Disco dos Xogos Olímpicos de Atlanta de 1996. Sánchez interpreta o tema "Sueños de gloria". Participan tamén neste disco artistas como Plácido Domingo, Julio Iglesias, Gloria Estefan, Ricky Martin, Jon Secada ou Thalía.
  • "Obssesion" (con Slash). A primeira colaboración da cantante co guitarrista de Guns´n Roses. Tema incluído na banda sonora da película Curdled, producida por Quentin Tarantino.
  • Romanza (Polydor, 1996). Sánchez fai un dueto co tenor Andrea Bocelli, interpretando o tema "Vivo por ella", incluído no disco do cantante. Esta canción tamén se incluíu na versión inglesa de Azabache, One Step Closer.
  • El nuevo mundo de los Gnomos (EMI, 1997). Sánchez interpreta tres temas no disco desta serie de televisión, dous a dúo con Albert Hammon ("Minicorazón" e "En un mundo con más amor") e "Cuida bien" en solitario.
  • Tatuaje (BMG, 1999) Álbum colectivo de homenaxe á copla no que Sánchez sorprendeu pola paixón que puxo na interpretación da peza "Y sin embargo te quiero". Enrique Bunbury, Rosario Flores, Malú ou Luis Eduardo Aute son outros dos artistas do pop español que interviron no proxecto.
  • Ellas & Magia (Disney, 2003). Este proxecto, dirixido por Luis Cobos e con produción musical de Julián Ruiz, editado en formato DVD, inclée dez clips onde coñecidas voces femininas de España como Malú, Merche, Tamara, Pastora Soler ou Bellepop interpretan temas musicais de grandes clásicos Disney. Sánchez interpreta o tema "Es la noche del amor" de Elton John e Tim Rice do filme The Lion King.
  • Arquitectura efímera de Fangoria (DRO, 2004). A edición especial deste álbum incluía un dvd con vídeos, un deles protagonizado por Sánchez. Trátase do videoclip do tema "Nadie mejor que tú" no que o artista alemán Christian Jankowski, substitúe a imaxe de Alaska pola de Marta.
  • Nuestra mejor canción (Ariola, 2004) 15 novas versións de cancións en castelán interpretadas por Ana Belén, Ana Torroja ou Alaska. Sánchez revisa o tema "Libre", popularizado por Nino Bravo.
  • Interior (Blanco y Negro, 2007) Disco de Nacho Sotomayor, que inclúe o tema "Believe", interpretado por Sánchez (versión en inglés de "Tienes que vivir", incluída no disco Miss Sánchez).
  • Quién dijo ayer (Sony music, 2007). Disco de Ricardo Arjona, no que Sánchez fai dueto co cantautor guatemalteco co tema "Tarde (sin daños a terceros)".
  • "Donde están mis sueños" (2007). Tema principal da película de animación Donkey Xote.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]