Malú
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2019.) |
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Lucía Sanchez Benítez 15 de marzo de 1982 (42 anos) Madrid, España |
Outros nomes | Malú |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 1998 - |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Parella | Alberto Carlos Rivera Díaz (2019–2023) Gonzalo Miró (2014–2017) |
Pais | Pepe de Lucía e Pepi Benítez |
Parentes | Paco de Lucía, tío |
Sitio web | maluweb.com |
María Lucía Sánchez Benítez, nada en Madrid o 15 de marzo de 1982, é unha cantante española, coñecida artisticamente como Malú. En 2010 conseguiu o seu primeiro número 1 de vendas co álbum Guerra Fría, doce anos logo do seu debut en 1998.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É sobriña do guitarrista Paco de Lucía e filla do cantaor Pepe de Lucía. A súa carreira musical comezou con quince anos, cando o produtor Jesús Yanes oíuna cantar nunha festa. Tras iso decidiu presentala a Pep's Records. Comezou a gravar o seu primeiro disco entre os meses de xaneiro e febreiro de 1998. O disco titulouse Aprendiz, saíu á venda na primavera dese mesmo ano e contou coa colaboración de Alejandro Sanz ou Pedro Guerra. Vendéronse mais de 650.000 mil copias de Aprendiz e mantívose na lista oficial de vendas de AFYVE durante sesenta semanas.
Nos Premios Amigo outorgados pola SGAE do ano 1998, Malú obtivo o premio á Mellor artista revelación, e tamén estivo nomeada ao galardón de Mellor artista feminina.
Logo do seu primeiro álbum veu unha importante xira por España e Latinoamérica e un contrato con Walt Disney Records para interpretar o tema central «Mi reflejo», da película Mulán.
Tras de Aprendiz viño, en 1999, Cambiarás, un disco no que, segundo a artista, a diferenza esencial é a voz: «Teño unha voz moito máis madura. Foi unha xira moi longa, que me deu moita máis madurez na voz á hora de cantar, deume moitas táboas». O álbum entrou directamente no número trece da lista AFYVE e en tan só dez días vendera 100.000 exemplares. Posteriormente participou na gravación do disco Tatuaje cantando o clásico da copla española «A tu vera».
Xa en maio do 2001, Malú volveu con Esta vez. Neste terceiro disco estreou compañía discográfica, Sony Music, e volve contar con colaboracións de luxo, como o coñecido produtor Estéfano, ou con Antonio Carmona entre outros. Este traballo contou con éxitos como «Sin ti todo anda mal», «Ven a pervertirme», «Me quedó grande tu amor» e «Toda» e vendeu preto das 300.000 copias en toda España.
Tras o exitoso Esta vez, Malú viuse inmersa nunha xira tanto por España como por América, e tras iso dedicouse de cheo ao seu cuarto disco, titulado Otra Piel, lanzado ao mercado español o 30 de xuño do 2003 con «No me extraña nada» como carta de presentación. Neste traballo (gravado entre Miami e México), Malú penétrase cara a novos sons para darlle outra faceta diferente á súa carreira substituíndo ás súas baladas desgarradoras, aínda que estas seguen estando presentes no seu disco. Temas como «Enamorada» e «Inevitable» fixeron deste disco un novo éxito.
En 2003, Malú gravou a canción «Llegó el amor» da película A Cincenta de Walt Disney no DVD Ellas & Magia. O DVD de Ellas & Magia conta con cancións de Walt Disney interpretadas por: Marta Sánchez, Malú, Marta Botía, Pastora Soler, Lydia, Tamara, Melody, Marilia Casares, Bellepop e Merche.
Na noite do 3 de febreiro de 2004 e na sala Pachá de Madrid, Malú gravaba Por Una Vez, o disco en directo contén todos os éxitos e colaboran no grandes artistas como David DeMaría, Antonio Orozco, Alejandro Sanz, o seu pai Pepe de Lucía e o seu tío Paco de Lucía. O disco saíu á venda o 19 de abril xunto cun DVD que incluía a actuación daquela noite, vídeos, fotografías e extras.
En abril de 2005 publica Malú, o seu sexto disco e o máis persoal ata a data, producido por Mauri Stern e Graeme Pleeth e gravado entre Madrid e Londres. Contén cancións como «Diles», «Te conozco desde siempre» ou «Sabes bien».
O 26 de xuño de 2005, Alejandro Fernández ofreceu un concerto no Palacio de Congresos de Madrid. Era a primeira vez que o ídolo mexicano cantaba en España e colgou o cartel de «Non hai entradas» con Amaia Montero, Malú e Diego El Lagostino como artistas invitados.
Desafío, é o sétimo álbum de Malú que saíu á venda o 31 de outubro co tema «Si estoy loca» como primeiro single.
Desafío está producido por Graeme Pleeth e Mauri Stern e foi gravado en Madrid e Londres cunha involucración total de Malú en todos os procesos do disco, desde a selección de cancións á produción. É a continuación dunha carreira que reúne unha combinación de mocidade, éxito e continuidade moi pouco habitual na nosa música. O videoclip do primeiro single do disco Desafío «Si estoy loca» está gravado en Lleida. Coa gravación do videoclip en Lleida, Malú foi pioneira en gravar un videoclip nesta cidade catalá. Tras este videoclip, o IMAC (Instituto Municipal de Acción Cultural) uniuse con Barcelona-Catalunya Films Comission, para que Lleida sirva como estudio para rodar videoclips e películas.
No videoclip do seu segundo single «No voy a cambiar» participa o actor Alejandro Tous (Álvaro na serie Yo soy Bea).
En marzo do 2007 fixo unha aparición na serie Yo soy Bea de Telecinco e en Manolo e Benito de Antena 3 TV.
Gravou unha das cancións principais do musical de Broadway Jesucristo Superstar xunto a Sergio Rivero, gañador da cuarta edición de Operación Triunfo (Telecinco).
Desde marzo ata novembro de 2007 estivo de xira coa súa «Tour Desafío», un dos máis grandes da súa carreira, logo de arrasar en Madrid e Barcelona.
Tras isto, lanza Gracias, o primeiro recompilatorio que publica a cantante, incluíndo 15 cancións que se poden atopar nos seus traballos anteriores e tres non editadas nos seus discos, con todo, non inéditas. Ademais, inclúe o concerto realizado en Córdoba no Pavillón de Vistalegre o día 29 de setembro do 2007 dentro do seu «Tour Desafío».
En xaneiro de 2008 finalizou unha xira por algunhas cidades de Andalucía xunto a David DeMaría, nunha serie de concertos do carné novo.
A xira Gracias empezou en abril de 2008 e finalizou en outubro de 2008.
Vive, é o noveno álbum de Malú. Saíu á venda o día 17 de marzo de 2009 co tema «A isto chámaslle amor» como primeiro single. Está producido por Mauri Stern e Malú e gravouse en Madrid, Os Ánxeles e Nashville. Neste disco Malú involucrouse ao máximo. O videoclip do primeiro single do disco Vive «A esto le llamas amor» está gravado nunha pista de xeo e participa o presentador Christian Gálvez.
Na súa primeira semana o disco Vive estivo na posición número dous dos discos mais vendidos en España; en primeira posición estaba o grupo irlandés U2.
Malú gravou o seu oitavo disco de estudo, Guerra Fría, que foi publicado o 12 de outubro de 2010, sendo o novo sinxelo «Blanco y Negro» estreado o 4 de setembro en Cadena Dial, onde anunciou o lanzamento tamén do disco en Hispanoamérica. En 2011 inicia o Tour Guerra Fría.
O álbum saíu á venda converténdose na súa primeira semana nun éxito, ao entrar directamente como número un en vendas en España. O disco mantívose durante meses no top 10, sendo ata o momento disco de platino, do mesmo xeito que o single "Blanco y Negro", de momento cualificado como platino por PROMUSICAE e o cal foi dúas veces número un da lista de Los 40 Principales.
No 2012 confírmase que sería unha dos catro xuíces de La Voz, programa de Telecinco baseado no formato holandés The Voice, xunto con David Bisbal, Melendi e Rosario Flores. O programa comezou a emitirse o 19 de setembro dese ano.
En marzo de 2012, a súa canción Blanco y Negro é oficialmente o tema oficial da telenovela venezolana da cadea Venevision Válgame Dios.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- 1998: Aprendiz +450.000 copias (4x Platino)
- 1999: Cambiarás +100.000 copias (Platino)
- 2001: Esta vez +250.000 copias (2x Platino)
- 2003: Otra piel +50.000 (Ouro)
- 2005: Malú +100.000 (Platino)
- 2006: Desafío +80.000 (Platino)
- 2009: Vive +40.000 (Ouro)
- 2010: Guerra fría +50.000 (Platino)
Álbums recompilatorios
[editar | editar a fonte]- 2007: Gracias +40.000 (Ouro)
Álbums en directo
[editar | editar a fonte]- 2004: Por una vez +70.000 (Ouro)
- 2011: Íntima Guerra Fría
Colaboracións
[editar | editar a fonte]Malú fixo varias colaboracións con artistas, como:
- Miguel Mateos («Solos en América»)
- Antonio Orozco («Devuélveme la vida»)
- Los Caños («Dime algo bonito»)
- David de María («Enamorada», «La Puerta de Alcalá»)
- Alejandro Fernández («Contigo aprendí»)
- Jerry Rivera («Como te olvido»)
- Alejandro Sanz («Aprendiz», «Corazón partío»)
- Pastora Soler («Y qué pequeña soy yo»)
- Carlos Baute («Toda una vida»)
- Rocío Jurado («Se nos rompió el amor»)
- Miguel Gallardo («Hoy tengo ganas de ti»)
- Lola Flores («Pena, penita, pena»)
- Alejandro Sanz, Niña Pastori e Miguel Bosé («Corazón partío»)
- Marta Sánchez («Más mujer» e «Soldados del amor»)
- Paco de Lucía («Andalucía»)
- Pepe de Lucía («Al alba»)
- Juan Carlos de Eurojunior («Enamorada»)
- Raphael («Noche de paz»)
- Revólver («El peligro»)
- Manuel Carrasco Galloso («Que nadie»)
- Nacho Cano («Ha nacido un gitanito»)
- Diego Martín («Haces llover»)
- Lolita («Estúpido»)
- Lorca («Dicen por ahí»)
- Vanesa Martín («Ni un segundo»)
- Vanesa Martín («Caprichoso»)
- Vanesa Martín («Trampas»)
- Lya («Nadie»)
- Raphael («Que sabe nadie»)
Xiras
[editar | editar a fonte]- Xira Aprendiz 1998-1999
- Xira Esta vez 2002
- Xira Otra piel 2003
- Xira Por una vez 2004
- Xira Malú 2005-2006
- Tour Desafío 2007
- Xira Carnet Joven 2007-2008 (xunto a David de María)
- Tour Gracias 2008
- Tour Vive 2009-2010
- Tour Guerra Fría 2011-
Cine e televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Película/Programa | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2001 | "Al salir de clase" | Ela mesma | Cameo |
2007 | "Yo soy Bea" | Ela mesma | Cameo |
2007 | "Gracias" | Ela mesma | Documental |
2009 | "Yo soy Bea" | Ela mesma | Cameo |
2009 | "Sexo en Chueca" | Ela mesma | Cameo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Malú - Guerra fría". spanishcharts.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Malú Web Oficial (en castelán)