Sentimentalismo
- Non confundir co Sentimentalismo (movemento galego)
O sentimentalismo é unha corrente de pensamento que prioriza os sentimentos por diante do intelecto e que foi desenvolvido no século XVIII como reacción ao racionalismo da Ilustración.
Historia e características
[editar | editar a fonte]No ámbito da literatura, foi un movemento precursor do Romanticismo, que influíu fortemente en autores como François-René de Chateaubriand; entre as novelas sentimentalistas adoitan encadrarse as británicas Pamela (1740) de Samuel Richardson e Sense and Sensibility de Jane Austen. No teatro está vencellado ao melodrama.[1]
Conviviu co pietismo, movemento fundado por Philipp Jakob Spener que tivo especial significación en Alemaña. Na orixe, abordada sobre todo textos de temática relixiosa[Cómpre referencia]. Pouco e pouco introduciu outros temas, a miúdo moralizantes, que foron desprazando os eclesiásticos i relixiosos.
Persoeiros
[editar | editar a fonte]Entre os teóricos do sentimentalismo destaca Jean-Baptiste Dubos. Algúns poetas sentimentalistas foron Friedrich Gottlieb Klopstock (1724-1803), Christian Fürchtegott Gellert (1715-1769), Johann Timotheus Hermes (1738-1821) ou Sophie von La Roche (1730-1807).