Sentimentalismo (movemento galego)
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
- Non confundir co Sentimentalismo
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/S%C3%ADmbolo_do_SENTIMENTALISMO.jpg/220px-S%C3%ADmbolo_do_SENTIMENTALISMO.jpg)
O sentimentalismo é un movemento filosófico, artístico e espiritual fundado polo escritor Xesús Manuel Valcárcel. Segundo os seus textos programáticos, o sentimentalismo “promove a liberación da persoa a través da arte e do coñecemento”.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Como movemento literario e artístico, o sentimentalismo comezou en Lugo na década de 1970 arredor do semanario Táboa Redonda do xornal El Progreso e do programa radiofónico Fogar de Breogán da Cadena SER, dirixido por Xesús Manuel Valcárcel. Nestes medios, o movemento tivo a editorialización dos seus primeiros comunicados.[2] Tamén está vencellado ao colectivo poético Cravo Fondo, do que foi inspirador. A base teórica do sentimentalismo preséntase nunha triloxía conformada polos ensaios Animal sentimental, Dialéctica sentimental e Práctica sentimental, publicados por Ir Indo Edicións.
Segundo os textos fundacionais, “o sentimentalismo parte do esgotamento da tradición racionalista occidental, da necesidade de alternativas e da importancia dos sentimentos na interpretación e na xestión do mundo; parte da valoración individualista da persoa, a través da rebeldía, para promover un cambio de conciencia, reivindicando a sabedoría ancestral e a rica variedade das culturas e dos seres concretos”[3].
Antoloxías do sentimentalismo
[editar | editar a fonte]O sentimentalismo publicou a través do seu órgano de comunicación as coñecidas como TAR (Tres Antoloxías de Referencia), correspondentes á Etapa de Fundación, á Etapa de Implantación e á Etapa de Expansión.
Na Etapa de fundación (2011), Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño Nogueira xuntaron unha selección de textos dos autores que se sumaron nun inicio aos Manifestos do Movemento. A Etapa de implantación (2012) foi coordinada por Carlos Arias Iglesias e Mariña Pérez Rei. Finalmente, na Etapa de Expansión (2013) Xavier Lama e Branca Novoneyra seleccionaron varios poetas novos para compoñer unha nova antoloxía do sentimentalismo, que valoran como un “movemento xa suficientemente vertebrado desde a perspectiva ideolóxica e a adscrición autoral”[4][5].
Autoras e autores
[editar | editar a fonte]![Autoras e autores do sentimentalismo.](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/SENTIMENTALISMO_autoras_e_autores.jpg/300px-SENTIMENTALISMO_autoras_e_autores.jpg)
- Carlos Arias Iglesias
- Yolanda Castaño
- Xulio Cid Neira
- Olalla Cociña Lozano
- Berta Dávila
- Cristina Ferreiro Real
- Francisco Xosé Fernández Naval
- Xavier Lama
- Xabier López Marqués
- Xurxo Martínez González
- Manuel Celso Matalobos
- Branca Novoneyra
- Celia Parra
- Olga Patiño Nogueira
- Mariña Pérez Rei
- Elías Portela
- Baldo Ramos
- Ismael Ramos
- Helena Salgueiro
- Xesús Manuel Valcárcel
- Eva Veiga
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Valcárcel, Xesús Manuel (2014). Que é o sentimentalismo? Ideario básico. Bubela, Grupo de Xestión Cultural SL. ISBN 978-84941864-5-5.
- ↑ "Biografía Antón Grande".
- ↑ Manifesto sentimentalista. Bubela, Grupo de Xestión Cultural SL. 2006. ISBN 84-934933-1-7.
- ↑ Lama, Xavier; Novoneyra, Branca (2013). Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de Expansión. Bubela, Grupo de Xestión Cultural SL. ISBN 978-84-941864-0-0.
- ↑ "Presentación de Antoloxías do sentimentalismo (El Correo Gallego)". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Sentimentalismo". Editorial Bubela.
- "Causas que defende o sentimentalismo". Editorial Bubela. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2016. Consultado o 18 de abril de 2016.