Mariña Pérez Rei
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Ames, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora de ensino secundario |
Premios | |
Mariña Pérez Rei, nada en Ames en 1966, é unha escritora e profesora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica.[2] É profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela),[3] onde creou o grupo Equipo da Dinamización da Lingua Galega.
Participou nas antoloxías poéticas da corrente Sentimentalista e tamén formou parte do Colectivo Maiakovski na edición do longo poema «Intimidación» (Xerais, 2021).[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Fanerógama (2006). Sada: Ediciós do Castro. 100 páxs. ISBN 9788484852285.
- Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante (2009). Colección Bourel. 48 páxs.[5]
- Paquidermo (2010). Bubela. 88 páxs. ISBN 978-84-937176-4-3.
- Boca de gárgola (2014). Círculo Rojo.[6] 82 páxs. ISBN 978-84-9076-465-7.
- Mallantes (2021). E. Bubela. 81 páxs. ISBN 978-84-123682-0-8.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Canícula (2007). Santiago: Sotelo Blanco.[7] 182 páxs. ISBN 9788478245086.[8]
- Costa necrópole. Escenarios para deslembrar (2010). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-41-2.
- Contrapicados (2012). Santiago: Sotelo Blanco. 210 páxs. ISBN 9788478246229.
- Finximentos (2024). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-487-6. ePub: ISBN 978-84-1110-492-0.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Toxosoutos.
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación (2011). Bubela.
- Novas de poesía. 17 poetas (2013). Fundación Uxío Novoneyra.
- Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica (2015). Urco Editora/Contos Estraños.
- Miño. Antoloxía do relato galego actual (2023). Xerais.
Premios
[editar | editar a fonte]- XVIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2005, por Fanerógama.
- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2006, por Canícula.
- Gañadora do IX Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos no 2010, por Costa necrópole. Escenarios para deslembrar.
- Gañadora do XXV Certame de narración curta Ánxel Fole por Finximentos.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mariña Pérez Rei - junio 2014 - Editorial Circulo Rojo" (en castelán). Consultado o 2023-03-29.
- ↑ "Mariña Pérez Rei". Urco Editora. Consultado o 2023-03-29.
- ↑ Entrevista a Mariña Pérez Rei, profesora no IES Esparís Arquivado 18 de setembro de 2017 en Wayback Machine..
- ↑ "Mariña Pérez Rei - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-19.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2009-06-16). "Apuntamentos nun libro artesanal". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-03-29.
- ↑ "Mariña Pérez Rei, a poetisa que se fixo verso en Barbantia". La Voz de Galicia. 2014-11-30. Consultado o 2023-03-29.
- ↑ "Mariña Pérez Rei LG3 O soportal da Literatura Galega". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-03-29.
- ↑ Iván Paredes, Ricardo. "Canícula, Mariña Pérez Rei, PliegoSuelto". pliegosuelto.com (en castelán). Consultado o 2023-03-29.
- ↑ "O XXV Certame de narración curta Ánxel Fole xa ten gañadora". GALICIAXA. 2023-03-29. Consultado o 2023-03-29.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A escritora Mariña Pérez Rei, premio artigos xornalísticos normalizadores de Carballo, nova en Sermos Galiza o 7 de maio de 2013.