Serafín Martínez Acevedo
Aparencia
(2011) ![]() | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1984 ![]() O Rosal, España ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | ciclista ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2010 | UCI World Ranking de 2010 (pt) ![]() | ||||||||||||||||
18 de outubro de 2009 | UCI Europe Tour de 2009-2010 (pt) ![]() ![]() |
Serafín Martínez Acevedo, nado no Rosal o 14 de febreiro de 1984, é un ciclista galego, profesional dende o ano 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de ser profesional conseguiu o 3º posto no Campionato de España de ciclocross, en categoría pre-xuvenil no 2000; e 3º no Campionato de España de ciclismo en ruta sub-23. Na Vuelta a España 2007 liderou a clasificación da montaña durante 11 días. Na edición de 2009, que rematou en 39ª posición, logrou a vitoria xeral do Maillot Solidario, amais de contribuír á vitoria por equipos do Xacobeo Galicia.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Karpin Galicia 2007
- Xacobeo Galicia 2008-10.